Proba de Acceso á Universidade (PAU)

En Galicia, as probas de acceso ás tres universidades galegas, PAU, estarán organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG: www.ciug.gal

Información básica

Poderán participar na proba de acceso á universidade, regulada no Real Decreto 534/2024, do 11 de xuño, polo que se regulan os requisitos de acceso as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, as características básicas da proba de acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión, o alumnado que estea en posesión do título de Bacharelato, con independencia da modalidade e, de ser o caso, vía cursadas.

O alumnado realizará a proba, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, no ámbito territorial da administración educativa na que finalizase os estudos que lle permitan acceder á proba e nos términos que determine cada administración educativa. Aquelas persoas que se presenten en sucesivas convocatorias co obxecto de superar a proba ou mellorar a cualificación obtida poderán facelo no ámbito de xestión da administración educativa na que residan ou na que finalizaron os seus estudos.

A proba versará sobre as materias comúns e as materias específicas obrigatorias de modalidade de segundo de Bacharelato.

A proba constará de catro ou, no caso de comunidades autónomas con lingua cooficial, cinco exercicios que versarán sobre as seguintes materias:

  1. Lingua Castelá e Literatura II e Lingua Cooficial e Literatura II.
  2. Historia de España ou Historia da Filosofía, a elección do alumnado.
  3. Lingua Estranxeira II. Para os efectos da organización da proba, o alumnado indicará na súa solicitude de preinscrición a lingua estranxeira da que se examinará, entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.
  4. A materia específica obrigatoria do segundo curso de Bacharelato da modalidade e, de ser o caso, vía cursada.
    1. Para a modalidade de Artes:
      • Na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño: Debuxo Artístico II.
      • Na vía de Música e Artes Escénicas: Análise Musical II ou Artes Escénicas II, a elección do alumnado.
    2. Para a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía: Matemáticas II e Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, a elección do alumnado.
    3. Para a modalidade Xeral: Ciencias Xerais.
    4. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: Latín II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, a elección do alumnado. 
  • Cada un dos exercicios terá una duración de noventa minutos. Establecerase un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, trinta minutos. Non se computará como período de descanso o utilizado para ampliar o tempo de realización das probas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Tanto os elementos curriculares obxecto de evaluación, como o número e tipo de preguntas ou tarefas, adecuaranse á duración do exercicio. Terase en conta que o alumnado necesitará dedicar un tempo significativo tanto á lectura e á análise da posible documentación aportada, como ao deseño da estratexia para a resolución das preguntas ou tarefas presentadas.
  • Os exercicios poderán estar estruturados en diferentes apartados que, á súa vez, poderán conter unha ou varias preguntas ou tarefas. Estas poderán requirir respostas pechadas, semiconstruídas ou abertas, sempre que en cada un dos exercicios a puntuación asignada ao total de preguntas ou tarefas de resposta aberta ou semiconstruída alcance como mínimo o 70%.
  • En cada materia entregarase un único modelo de exercicio aínda que se poderá incluír a posibilidade de elixir entre varias preguntas ou tarefas. Esta elección non poderá implicar en ningún caso a diminución do número de competencias específicas obxecto de avaliación.
  • Os exercicios das materias de Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Cooficial e Literatura II e Lingua estranxeira II, deberán ofrecerse e responderse na lingua correspondente. Para o resto de exercicios, as administracións educativas asegurarán ao alumnado a posibilidade de elección entre as linguas oficiais dos seus territorios.
  • En todos os exercicios incluirase información para o alumnado sobre os criterios de corrección e cualificación. Estes criterios incluirán, entre outros, parámetros que permitan valorar os seguintes aspectos:
    • Adecuación ao solicitado no enunciado,
    • coherencia, cohesión, corrección gramatical, léxica e ortográfica dos textos producidos, así como a sua presentación.
  • Anualmente, celebraranse dúas convocatorias: unha ordinaria e outra extraordinaria. 
  • O alumnado que desexe mellorar a cualificación obtida na proba de acceso, poderá volver a presentarse, tanto na convocatoria extraordinaria dese mesmo curso escolar, como en convocatorias sucesivas. En todos os casos, deberá realizarse a proba completa e tomarase en consideración a cualificación de acceso máis alta das obtidas.

Datas 2026:

  • Convocatoria ordinaria: 2, 3 e 4 de xuño. Horario
  • Convocatoria extraordinaria: 30 de xuño, 1 e 2 de xullo
  • Cada uno dos exercicios que comprenden a proba de acceso cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.
  • A cualificación da proba de acceso será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada un dos exercicios. A media espresarase nunha escala de 0 a 10 puntos con tres cifras decimais, redondeada á milésima más próxima e, en caso de equidistancia, á superior. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a catro puntos para que poida ser tida en conta no acceso ás ensinanzas universitaris oficiais de Grao.
  1. A cualificación de acceso á universidade calcularase mediante a media ponderada do 60% da nota media de Bacharelato, calculada sen ter en conta a cualificación da materia de Relixión, e do 40% da cualificación da proba de acceso. A cualificación obtida por este procedemento espresarase con tres cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.
  2. Entenderase que se reúnen os requisitos de acceso á universidade cando a cualificación ponderada descrita no apartado anterior, sexa igual ou superior a 5 puntos.
  3. A cualificación obtida no acceso á universidade terá validez indefinida para o acceso ás distintas ensinanzas universitarias oficiais de Grado, sen prexuízo da mellora da cualificación obtida.
  4. A cualificación obtida na parte de mellora de nota terá validez o curso no que se aprobou e nos dous cursos seguintes.

Normativa básica dos Procedementos de Admisión

  1. O alumnado que realice a proba de acceso e desexe mellorar a súa nota de admisión poderá examinarse na mesma convocatoria de hasta tres materias de segundo curso de Bacharelato, comúns ou de modalidade, distintas a aquelas das que se examinase na proba de acceso. Asimismo, poderán examinarse dunha segunda lingua estranxeira distinta da que elixiran na devandita proba. 
  2. Nos seus procedementos de admisión, as universidades deberán ter en conta as calificacións obtidas en, polo menos, duas materias. Estas materias serán seleccionadas polas universidades de entre todas as susceptibles de ser evaluadas na proba de acceso ou nos procedementos de admisión.
  3. A nota de admisión calcularase sumando á calificación de acceso á universidade, as calificacións ponderadas das materias que cada universidade determine. Seleccionaranse, a tal efecto, de entre estas, as que resulten máis favorables para cada estudante. A nota expresarase con tres cifras decimales, redondeada a milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
  4. As universidades públicas darán a coñecer, ao inicio de cada curso no que se celebre a proba, os parámetros de ponderación que aplicarán sobre as calificacións vinculadas aos seus procedementos de admisión.
  5. As calificacións obtidas polo alumnado nos exercicios das materias as que se refire o apartado 1, terán validez durante o curso que se inicie inmediatamente despois da superación da proba y os dous cursos académicos seguintes a este. Para mellorar as calificacións obtidas, o alumnado poderá presentarse en sucesivas convocatorias a calquera das materias as que se refire o apartado 1, tomándose en consideración a calificación máis favorable.
  6. De forma excepcional, as universidades poderán establecer condicións ou probas especiais para determinadas ensinanzas.
  1. O alumnado que, conforme ao previsto na disposición adicional trixésimo terceira da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, esté exento de realizar a proba de acceso á universidade, poderá participar nos procedementos de admisión previstos.
  2. No caso de quenes estén en posesión dun título de Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior, teranse en conta como calificación de acceso a nota do título ou, no caso de que esta non figure no mesmo, a nota media do seu expediente. Asimesmo, as universidades poderán ter en consideracón para a admisión deste alumnado a correspondencia que, a tales efectos, establezca o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes entre os seus títulos e os ámbitos de coñecemento.
  3. Nos procedementos de admisión do alumnado procedente dos sistemas educactivos estranxeiros, terase en conta como calificación de acceso a calificación obtida nas enseñanzas cursadas. Asimesmo, para a súa admisión, as universidades poderán ter en consideración as calificacións de materias concretas. O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes regulará a equivalencia de calificacións que se utilizará no acceso á universidade deste alumnado. As universidades poderán realizar en inglés ou noutras linguas estranxeiras as evaluacións que poideran establecer nos procedementos de admisión deste alumnado.

 


 

Normativa PAU

Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño, polo que se regulan os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, as características básicas da proba de acceso e a normativa básica dos procedimentos de admisión.

LEi ORGÁNICA  3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.