A UDC está sendo ben representada nos Campionatos de España Universitarios 2026, en Andalucía, onde nas diferentes modalidades deportivas e categorías estamos a obter uns excelentes resultados deportivos. Por orde cronolóxico dos campionatos, destacamos a seguinte participación e resultados.
Natación. Granada, do 10 ao 12 de abril.
A delegación da UDC, formada por Pablo Gómez, Mario Maneiros, Javier Pontón, Antonio Vázquez e Alejandro Vázquez, obtivo unha meritoria posición 14 na clasificación xeral, cunha participación total de 27 universidades, nun campionato de gran nivel deportivo.
Bádminton. Granada, do 13 ao 16 de abril.
A selección da UDC contou coa presenza de Carlota Martínez e Mateo Rey. O resultado máis salientable chegou da man de Carlota Martínez, que conseguiu clasificarse entre as oito mellores deportistas no cadro individual feminino. Ademais, tamén acadou os cuartos de final no dobres mixtos xunto a Mateo Rey, situándose entre as oito mellores parellas do campionato. Pola súa parte, Mateo Rey superou con solvencia a primeira fase no cadro individual masculino, aínda que caeu no inicio da fase final.
Esgrima. Almería, do 14 ao 16 de abril.
A representación da universidade estivo formada por catro deportistas, Nahir López, Jorge Pereira, Xián Franco e Carlos Arita. Todos eles lograron acceder á fase final tras unha competición moi disputada, na que finalmente non puideron superar os seus respectivos cruces. Na clasificación por universidades, a UDC acadou un notable cuarto posto na clasificación xeral final.
Vela. Cádiz, do 14 ao 17 de abril
A tripulación mixta da UDC, formada por Ana García, Claudia Wenshan Sanz, Enrique Lagos e Mariano Stinga, rematou como subcampioa de España universitaria. Logo dunhas excelentes xornadas na primeria fase de grupos, chegaron á última manga da "medal race" con todas as opcións para acadar o ouro, que se escapou por uns escasos 50 metros na manga final. Regresaron cunha meritoria medalla de prata con sabor a ouro.
Escalada. Estepona, do 14 ao 16 de abril
A selección formada por Mara Rodríguez, Natalia Vale, Xabier Carballo e Iván Moras acadou o título de subcampioa de España universitaria. A selección mixta conseguiu a medalla de prata na clasificación xeral por universidades, gracias á boa clasificación induvidual nas modalidades de bloque e dificultade.
Karate. Granada, 17 e 18 de abril
A karateca Lucía Guerrero, logo dun esixente cadro de combates, subiu ou podio e obtivo unha excelente medalla de bronce na modalidade de Kumite -68 kg.
Fútbol sala feminino. Granada, do 20 ao 23 de abril
Moi boa participación da selección feminina da UDC no CEU, onde, pese a quedar eliminadas na fase grupos, só perderon un partido dos tres que xogaron nesa primeira fase (empate contra Univ. de Cádiz e Univ. Rey Juan Carlos, e derrota coa Univ. de Castilla-La Mancha). Destacar que chegaron ao último partido con todas as posibilidades de clasificarse para a fase final do campionato. Gran imaxe das nosas deportistas durante a competición.
Balonmán masculino. Granada, do 4 ao 7 de maio
Boa participación da nosa selección masculina de balonmán en terras granadinas. Logo dunha gran primeira fase, na que o equipo da UDC superou á Univ. de Alicante (18-16) e á Univ. Europea de Madrid (27-22), rematando a primeira fase como lider do seu grupo. No partido de cuartos de final enfrentouse á Univ. de Castilla-La Mancha, un encontro rematou con derrota por 17-23, malia a notable reacción e a gran segunda metade realizada polos nosos deportistas.
Volei praia masculino. Cádiz, 5 e 6 de maio
Brillante participación da parella formada por Manuel Aba e Roi Losada, subcampións de España universiarios. Voltaron da Playa de la Victoria coa medalla de prata logo de ceder na final contra a imbatible e experta parella da UCAM. Na fase de grupos remataron en segunda posición, pero foi na fase final onde recuperaron o mellor nivel, gañando ás parellas das universidades de Alicante, Pais Vasco, Isabel I e Murcia, xa en semifinais. Parabéns para Manuel e Roi.
Published by: Servizo de Deportes