O xoves 8 de maio, continuarase coas actividades de voluntariado ambiental no Monte da Fraga, para a restauración da balsa construída no ano 2013 ao abeiro de 'Charcas con Vida' para a creación de biotopos específicos a prol da biodiversidade.
O Punto de encontro será as 16:00h na porta principal da Facultade de Ciencias (A Zapateira) ; rematando aproximadamente as 18:00h as labores.
Actividade monitorizada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e financiada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, no marco do convenio sectorial de colaboración entre a Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña e a Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña para a execución do proxecto de custodia e voluntariado ambiental no Monte da Fraga, no ano 2024.
Published by: Oficina de Sustentabilidade