Acollida PRL

 

Servizo de Prevención de Riscos da Universidade dálles unha cálida benvida a esta institución. Querémoslles lembrar que, desde o momento en que se incorporan á nosa universidade, teñen dereito a un contorno laboral seguro e saudable.

Servizo de Prevención de Riscos está para apoiar e acompañar en todo o relacionado coa seguridade e a saúde no posto de traballo. A nosa misión é garantir que cada unha das persoas da institución poida desempeñar as súas funcións nas mellores condicións posibles, minimizar os riscos e promover o benestar.

Información e formación continua en prevención
Unha das nosas prioridades é ofrecer a información e a formación continua sobre os riscos laborais asociados ás súas funcións, así como sobre as medidas preventivas que deben adoptar para os evitar. A seguridade non é só responsabilidade do equipo de prevención, senón tamén de cada un/ha de vostedes. A través desta información e formación, terán capacidade para identificar situacións que poidan representar un risco e aplicar as medidas preventivas.

Recoñecementos médicos
Ademais, como parte das políticas de saúde laboral, teñen dereito a realizar recoñecementos médicos periódicos, que nos permiten detectar de forma temperá calquera condición que poida afectar ao seu benestar físico. Estes exames son totalmente confidenciais e realizados baixo estritas normas de privacidade.