Seguro escolar para menores de 28 anos
Seguridade social: Prestacións seguro escolar
Obrigatorio: Estudantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, e, en xeral, todos os estudantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudos en España e ata a idade de 28 anos.
O alumnado dado de alta nalgún réxime da Seguridade Social non ten a obriga de pagar o Seguro Escolar e, se o fai, non se poderá beneficiar das súas prestacións.
Formulario de solicitude de prestacións do seguro escolar
Centros médicos de asistencia sanitaria
Públicos: Todos os centros do Sistema Nacional de Saúde
Concertados:
*A estes centros concertados non poderán acudir os alumnos que estean en situación de alta na Seguridade Social.
Compañía aseguradora: Chubb European Group Limited Sucursal España
Póliza: poliza completa - renovación curso 2024/25
Obrigatorio: Estudantes maiores de 28 anos, alumnado extranxeiro non residente e todo o estudantado entrante de mobilidade internacional.
Indicado: Alumnos da Universidade da Coruña que realicen prácticas académicas externas, actividades deportivas, culturais e sociais, etc.
Centros médicos de asistencia sanitaria
A Coruña:
Ferrol:
Información/sinistros: Howden Artai, S.A.U. Correduría de Seguros y Reaseguros. coruna@artai.com R/ Juan Flórez, 42, 1º - 15004.
981 233 625 - 673 790 111
Compañía aseguradora: Chubb European Group Limited Sucursal España
Póliza: poliza completa - renovación curso 2024/25
Obrigatorio: Alumnos da Universidade da Coruña de mobilidade (saíntes ao estranxeiro mediante un programa de intercambio internacional).
Recoméndase ler o contido das pólizas: a extensión e ámbito das coberturas, a duración, os datos de contacto para calquera información ou declaración de sinistros, etc.
É importante informarse dos centros sanitarios concertados polas compañías aseguradoras, dos prazos establecidos para os diferentes trámites e dos capitais asegurados.
O alumnado que participe en calquera das actividades deportivas organizadas pola Universidade da Coruña debe coñecer o procedemento a seguir no caso de sufrir un accidente ou lesión.
Independentemente de cando se contraten os seguros, a prima e duración máxima da cobertura dos seguros son as establecidas no condicionado das pólizas.