Despois da matrícula: Estudantado de novo ingreso

Tras a túa matrícula, ten en conta que podes ter tarefas pendentes:

  • Activa a túa conta institucional: Se non dispós dunha dirección de correo electrónico co dominio "@udc.es" porque nunca te matriculaches nesta Universidade, debes darte de alta nos servizos da UDC, para o que deberás agardar un mínimo de 24 horas tras a túa matrícula e pulsar no enlace deste apartado, ou seguir as instrucións que aparecen no teu resgardo de matrícula. Ten en conta que ata que non deas de alta a túa conta non poderás acceder aos diferentes servizos que proporciona a UDC, así como levar a cabo certos trámites. Aquí podes descargar unha guía.
  • Accede á solicitude de instancias: Se na matrícula marcaches algún tipo de desconto (familia numerosa, discapacidade, etc...) ou bolsa (agás a do MEFPD) e non aportaches a documentación acreditativa no momento de matricularte, debes presentala no 10 días seguintes a través da ligazón a instancias. Tamén terás que acceder ao módulo de instancias para solicitar a matrícula a tempo parcial ou en réxime adaptado (con independencia de que xa marcaras algunha destas posibilidades no momento de matricularte e de que presentaras ou non a documentación coa matrícula), para achegar a orde SEPA se solicitaches pagar por domiciliación bancaria ou para solicitar a declaración de nivel de titulación se o teu título é alleo ao EEES e non está homologado ou declarado equivalente, entre outros trámites. Aquí podes descargar unha guía.
  • Guía para o pago por pasarela bancaria: Se indicaches na túa matrícula que o pago se faría por entidade financeira, podes acudir a unha das entidades colaboradoras coa UDC e facer o pago presencial, ou utilizar a pasarela de pagos electrónica das entidades colaboradoras coa UDC que dispoñen dela, sen necesidade de ter conta nelas e empregando unha tarxeta de crédito/débido.

Despois da matrícula: Estudantado de continuación de estudos

Tras a túa matrícula, ten en conta que podes ter tarefas pendentes:

  • Accede á solicitude de instancias: Se na matrícula marcaches algún tipo de desconto (familia numerosa, discapacidade, etc...) ou bolsa (agás a do MEFPD) e non aportaches a documentación acreditativa no momento de matricularte, debes presentala no 10 días seguintes a través da ligazón a instancias. Tamén terás que acceder ao módulo de instancias para solicitar a matrícula a tempo parcial ou en réxime adaptado (con independencia de que xa marcaras algunha destas posibilidades no momento de matricularte e de que presentaras ou non a documentación coa matrícula), para achegar a orde SEPA se solicitaches por primeira vez pagar por domiciliación bancaria ou cambiaches a conta bancaria, entre outros trámites. Aquí podes descargar unha guía.
  • Guía para o pago por pasarela bancaria: Se indicaches na túa matrícula que o pago se faría por entidade financeira, podes acudir a unha das entidades colaboradoras coa UDC e facer o pago presencial, ou utilizar a pasarela de pagos electrónica das entidades colaboradoras coa UDC que dispoñen dela, sen necesidade de ter conta nelas e empregando unha tarxeta de crédito/débido. Neste apartado dispós dunha guía explicativa do proceso.