O proxecto a tres anos consiste en asesorar e formar en sustentabilidade ao alumnado e profesorado dos centros educativos de A Mariña de Lugo, para, de forma progresiva, avanzar no deseño dun Plan de Sustentabilidade para a aula ou o centro educativo.
O obxectivo principal é que ao remate do trienio, o centro de ensino sexa autónomo para acreditarse externamente nos estándares de sustentabilidade, se así o desexa.
A UDC conta coa súa experiencia de máis de 10 anos na implementación do Proxecto Green Campus nas Facultades e centros, que será o aval para que cando o centro conte coa preparación necesaria poida presentarse a algunha acreditación ou certificación externa conforme cumpre os estándares de sustentabilidade de centro.
O Programa Green Campus-UDC outorga a chamada Bandeira Verde tras un proceso de creación do Comité Ambiental, formado por docentes e alumnado do centro, de análise-ecoauditoría, deseño dun plan de acción e implementación dun Plan de Sustentabilidade en cada centro que se quere acreditar. Así é o propio comité ambiental do Centro educativo, formado por docentes e alumnado, o que deseña, desenvolve e pon en funcionamento o plan. O valor engadido radica na transversalidade da implementación e a súa integración no currículo, centrando a proposta no uso eficiente dos recursos dispoñibles (edificios, enerxía, auga, ente outros).
Prazo de solicitude de xornadas de asesoramento técnico aberto ata o 6 DE MARZO DE 2026.
SOLICITUDE ASESORAMENTO SUSTENTABILIDADE NO CENTRO EDUCATIVO