Consigue a túa tarxeta

Co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica provocada polo uso excesivo do plástico, a UDC converteu a tarxeta universitaria a un formato dixital dispoñible a través de UDC.gal, a aplicación oficial da Universidade da Coruña.

Para obtela debes realizar os seguintes pasos, logo de crear a túa Conta de Acceso aos servizos telemáticos da UDC:

1º Paso

Antes de usar a tarxeta en formato dixital, debes engadir ou actualizar a túa fotografía. Podes facelo nos estands habilitados polo Banco Santander:

  • Campus de Elviña (A Coruña): do día 08/09 ao 10/10 no hall do Casa do Estudantado (antigo Lerd do campus)
  • Campus de Ferrol: do día 08/09 ao 26/09 no andar 0 do Centro Cultural, fronte á copistería.

  • De luns a xoves de 09:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 17:00 h
  • Venres de 9:00 a 14:00 h

Máis información:

2º Paso

Unha vez que teñas actualizada a túa fotografía, bastará con que descargues a aplicación da UDC no teu móbil (Android - Iphone), te autentiques coa túa conta da UDC e disporás da tarxeta ao instante.

Tarxetas de plástico

Unicamente pode seguir obtendo a tarxeta de plástico o persoal que necesite soporte a tarxeta criptográfica para a sinatura electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoña dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación. O alumnado que se atope nalgunha das anteriores situacións, necesitará autorización do seu responsable para que se lle emita a tarxeta en formato plástico.

As tarxetas universitarias de plástico imprímense con cita previa nas dependencias do SIC:

A Coruña

Área de Atención a Usuarios e Licenzas - Edificio Servizos Centrais de Investigación- Campus de Elviña - Andar 0
De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas con cita previa (Cita previa para Emisión de Tarxeta Física)
Teléfono: 981 167 000 ext. 2222

As tarxetas de plástico seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade, pero recorda que podes empregar a tarxeta virtual dispoñible na aplicación da UDC.