Presentación de Propostas
Calendario de Presentación de propostas de Microcredenciais Universitarias
- A convocatoria estará aberta durante todo o curso académico. As propostas que opten ó financiamento do Plan Microcred poderanse presentar ate o 10 de decembro de 2025 segundo se indica na Convocatoria Microcreds da UDC.
- O proxecto deberá presentarse con unha antelación mínima de dous meses ó inicio do curso
Pasos para solicitar a posta en marcha dunha microcredencial
- Documentación a presentar e forma de envío. Deberase xerar a seguinte documentación e enviala a través do formulario de envío de documentación para proposta de estudos á UEP.
- Deberase de encher o formulario dos Datos Académicos da Certificación Dixital da microcredencial.
- Deberase de cubrir a memoria previa na aplicación académica Sigma, que recollerá os Datos Académicos da Certificación Dixital xunto có resto de apartados necesarios para definir a microcredencial. O acceso á aplicación solictarase mediante a correspondente Solicitude de acceso a EPC.
- No caso de solicitar financiamento do Plan Microcreds, deberase cubrir o Excel coa proposta económica.
- Documento xustificativo da necesidade /idoneidade da ensinanza proposta.
- Visto bo da unidade académica responsable
- Autorización de uso de instalacións
- Compromiso de participación do profesorado
- Convenio con empresas/institucións participantes (de selo caso)
- Convenio de prácticas (de selo caso)
- Compromiso de realización de seguro (solo necesario para formacións presenciais ou híbridas)
- Anexo de informe previo de calidade
- Revisión e aprobación.
- A documentación revisarase por parte da Unidade de Estudos Propios, e unha vez achegados tódolos documentos necesarios e as rectificacións, de selo caso, a proposta pasará pola Comisión de Estudos Propios, que a informará para o seu envío ou non a aprobación no Consello de Goberno. No caso de informe negativo, remitirase ó responsable académico da microcredencial para que proceda a realizar as rectificacións correspondentes.
- O Consello de Goberno reúnese mensualmente agás no mes de agosto.
- Unha vez aprobada a proposta, poderase a realizar publicidade da mesma.
- Prescrición e matrícula.
- A prescrición e matrícula xestionaranse a través da Fundación da Universidade da Coruña (FUAC)
- Se transcorridos os prazos de prescrición e matrícula, e asegurada a viabilidade económica, procederase a impartir a microcredencial.
- Desenvolvemento do estudo.
- Todo o material xerado na impartición do curso incluirá os logos oficiais no caso de estar financiado polo plan Microcreds.
- O responsable académico do estudo será o encargado de xerar actas do mesmo e pechalas unha vez finalizado o mesmo.
Contacto.
No caso de necesidade de información adicional ou axuda para a definición do estudo, contacte coa UEP no correo direccion.uepp@udc.es
