Descubre todo o que a UDC pode ofrecerche na Xornada de Portas Abertas. Explora os nosos campus e instalacións, coñece en detalle a oferta académica e mergúllate na vida universitaria con visitas e actividades pensadas para ti.
Inscríbete nos centros que che interesen, escolle o horario que mellor che encaixe e vén a coñecernos.
12 e 13 de marzo de 2026
No Campus da Coruña, cada sede é unha oportunidade para descubrir o teu camiño. Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza e Bastiagueiro forman un campus amplo e diverso onde podes comezar a construír o teu futuro. Na Xornada de Portas Abertas, explora os diferentes graos, coñece as instalacións, comparte experiencias e imaxina todo o que vén.
25 de marzo de 2026 (inscricións ata o 16 de marzo)
Un campus de especialización único para aprender, crear e avanzar con paso firme. No Campus Industrial de Ferrol, a formación está conectada coa realidade e co que vén, nun contorno pensado para impulsar o teu talento e axudarche a definir o teu camiño. Na Xornada de Portas Abertas explora os graos, desfruta do campus e imaxina todo o que podes chegar a ser.