SPI Scholary Publishers Indicators
Ranking de referencia das axencias de avaliación como indicador da calidade de editoriais científicas españolas e internacionais. Elabórase a partir da opinión de expertos españois. Podemos ver unha clasificación por campos específicos como por exemplo Economía.
Book Citation Index
Recolle as citas que recibe un libro ou un capítulo de libro na Web of Science. Neste caso é recomendable facer unha busca en todas as bases de datos e facer outra polo campo "Búsqueda de referencia citada", ao facer a busca vainos dar o dato das veces que foi citado ese libro ou capítulo.
Sello de calidad en edición académica CEA-APQ
É recoñecido como indicio de calidade das publicacións na avaliación dos méritos da actividade investigadora nos criterios do 2017 pola ANECA para o programa ACADEMIA e na última edición dos criterios de avaliación da CNEAI.
Master Book List
É a listaxe de editoirais e de libros que están empregando en Clarivate Analytics para facer o Book Citation Index
Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE)
Editoriais co selo de calidade de Edición Académica
Ranking de editoriais internacionais recollidas no Book Citation Index, podénse consultar polas áreas de Ciencias, Enxeñaría e Tecnoloxía, Artes e Humanidades e Ciencias Sociais. Os datos que amosan de cada editorial son: o número de libros publicados, o número de capítulos de libro e as citas recibidas en cada disciplina.
WEB OF SCIENCE (WOS), SCOPUS, Business Source Premier E Econlit
Nestas bases de datos podemos facer unha busca e filtrar polos campos (Book review, books series ou Books) para atopar citas ou críticas a libros.
Recolle citas de libros e capítulos de libros publicados nesta editorial
WorldCat
O Catálogo colectivo máis grande, aqui podemos atopar cantas bibliotecas teñen un determinado libro.
Para coñecer se o libro está nas bibliotecas universitarias españolas.