Crunia non só é o catálogo da Biblioteca Universitaria, onde tedes acceso aos fondos da terceira biblioteca de Arquitectura máis importante no país por tamaño da súa colección, que supera xa os 60.000 volumes.
Tamén é unha ferramenta de descubrimento que permite buscar dende un mesmo punto: no catálogo da BUDC, no RUC (Repositorio da Biblioteca Universitaria da Coruña), nas bibliografías recomendadas, en todos os recursos electrónicos da BUDC ou no Índice Central de Descubrimento
A busca pode lanzarse por autor ou arquitecto, polos títulos dos libros, así como por materias e palabras clave.
Proxecto colaborativo de impacto mundial no que participa a Biblioteca da UDC. É unha base de datos de libre acceso que indexa os artigos (máis de 7,8 millóns) de practicamente calquera revista científica, académica ou incluso profesional española (actualmente case 11.340 títulos) e en menor medida doutros países latinoamericanos. Por tanto, é unha fonte sinxela e eficaz para atopar artigos que falen sobre obras e proxectos arquitectónicos concretos.
Se consultades Dialnet dende as instalacións da universidade (ou a través da wifi institucional) tedes acceso á busca avanzada que vos permite filtrar por revista. Entre as publicacións que indexa tedes o Croquis, AV Monografías, Expresión Gráfica, etc. Contén o enlace ao texto completo nos casos de revistas en libre acceso.
Ademáis, podedes buscar por outros tipos de documentos, como traballos presentados a congresos, libros e capitulos de libro, etc. Tamén tedes acceso a un portal moi completo de teses españolas (máis de 287.000).
Do mesmo xeito que Dialnet, o catálogo COAM indexa os artigos das principais revistas españolas de arquitectura, ao que hai que sumar os libros, así como outras tipoloxías documentais depositados na súa colección. É un catálogo específico de arquitectura que ademáis ofrece información de valor engadido nos seus rexistros. Por exemplo, se o artigo de revista contén planos, debuxos, etc. Trátase pois dunha ferramenta moi recomendable para unha efectiva e rápida busca.
Base de datos de pago subscrita pola Biblioteca, é a fonte bibliográfica especilizada en "arquitectura do deseño" máis completa do mundo. Indexa revistas anglosaxonas preferentemente, aínda que tamén podemos atopar nela un número considerable de revistas alemanas, españolas, italianas, etc. Coma toda fonte referencial, para acceder ao texto completo dos artigos teredes que:
Se accededes á Avery dende fora da UDC teredes que autenticaros previamente.
Aquí tedes a Guía básica de Avery.
A Avery chégase a través da ruta "Biblioteca da UDC> Bases de datos > Avery" ou directamente seguendo este enlace que leva a listaxe de bases de datos da BUDC.
É o buscador científico de Google. A partir de moi diversas fontes (acordos coas grandes editoriais científicas, indexación de bases de datos e repositiorios en acceso aberto ou das páxinas web de instituciones académicas e de investigación) logra construir o índice de busca científica máis grande do mundo, con máis de 350 millóns de traballos indexados.
Respecto a Arquitectura, a súa principal debilidade é a área da arquitectura do deseño, xa que non indexa apenas revistas profesionais.
É unha base de datos de arquitectura que inclúe documentación de ao redor de 4.000 proxectos de construcción internacionais, actualizada constantemente cuns 120 proxectos ao ano.
Posibilita a procura e filtro mediante palabras chave, como o tipo de edificio, o material, o ano de construcción, localización, arquitecto, ou o tema da revista DETAIL. Cobertura temporal dende 1987.
Ademais, permite aos usuarios investigar exemplos concretos de solucións construtivas creativas, segundo as súas necesidades particulares.
É posible descargar as descricións do proxecto xunto coas fotos de referencia, os deseños e os datos técnicos.
Ahí van algunhas recomendacións prácticas para unha búsqueda eficiente de información na nosa área.
Primeiro mandamento. Xeralmente falando, os libros non se escriben sobre obras arquitectónicas concretas (aínda que hai moitas excepcións), senón sobre a obra dun arquitecto, sobre un período ou estilo, ou sobre unha localidade ou área xeográfica. Usade o Crunia para a busca de libros.
Segundo mandamento. Non confundades o nome do arquitecto ou do artista co autor do libro. Por iso recomendamos realizar a busca do arquitecto ou artista na busca básica (campo "palabra clave").
Terceiro mandamento. Revisade os índices de obras arquitectónicas que aparecen ao comezo ou ao final dos libros sobre un autor.
Cuarto mandamento. Lembrade que algunhas obras arquitectónicas poden aparecer tratadas en libros sobre unha área xeográfica. Na nosa biblioteca temos distintas seccións coma 71 E (España), 71 EG (Galicia), 71 Asia, 71 AN (America do Norte), 71 AL (America Latina), 71 Africa e 71 Europa, así como polos países e cidades máis importantes.
Quinto mandamento. Para as busca de obras de Arte, aparte da consulta en Crunia pola propia obra ou polo autor, é moi importante buscar pola escola artística ou polo período como palabra clave. Tamén temos enciclopedias de Arte moi completas onde poden vir analizadas as obras de arte do voso interese. Dous exemplos poden ser "Enciclopedia dell'arte medievale" (12 volúmenes) ou "Los impresionistas y los creadores de la pintura moderna" (8 volúmenes).
Sexto mandamento. Se buscades información sobre un edificio ou unha obra arquitectónica concreta, as revistas de arquitectura son fontes de información imprescindibles, xa que alí atoparedes unha grande cantidade de material gráfico: imaxes, planos, etc.
Séptimo mandamento. Para a consulta de artigos de revista sobre Arquitectura recomendamos as bases de datos Dialnet, o Catálogo COAM (ambas gratuitas) e Avery (suscrita pola Biblioteca). Mentras que Avery poida que sexa a base de datos máis exhaustiva en Arquitectura do mundo, en Dialnet atoparedes todo o publicado nos últimos 10-15 anos en España. No Catálogo COAM ademáis atoparedes rexistros enriquecidos. Por último, tamén podedes utilizar Google Académico, aínda que ofrece unha cobertura pobre para as áreas de Arquitectura e Arte (arredor do 30-40% dos contidos de Avery).
Oitavo mandamento. Realizade varias estratexias de busca en cada unha das bases de datos: 1) polo nome do edificio mailo arquitecto, 2) só polo nome do edificio e por último 3) só polo nome do arquitecto. Algunhas bases de datos coma Avery ou Dialnet só buscan en determinados campos como o título e o resumo, pero no caso das revistas profesionais a maior parte dos artigos non presentan resumo. Como a busca recae pois case exclusivamente sobre o título teremos porén que seguir os pasos anteriores para que non se escape ningún traballo pertinente.
Noveno mandamento. Sempre que atopedes un artigo do voso interese, apuntade os datos de localización básicos: título da revista, ano, número e a paxinación do traballo. Se estades a buscar información para o voso TFG, TFM ou tese, descargade a cita do traballo. No caso de que vaiades a utilizar unha boa cantidade de referencias, pode ser boa idea probar cun xestor bibliográfico.
Décimo e derradeiro mandamento. En Crunia (para as revistas en papel) e na nosa páxina de Revistas Electrónicas poderedes saber se temos a revista e o número que necesitades. Nalgunhas bases de datos coma Avery, gracias ao botón Catálogo Crunia, ou en Google Scholar (previa configuración) podemos coñecer de forma automática se a Universidade ten suscrito o acceso electrónico ao traballo. Preguntade na Biblioteca en caso de dúbida.