Proxecto Fin de Carreira e Traballos Fin de Grao

 

O Proxecto Fin de Carreira (PFC) ou o TFG é o traballo máis importante que levaredes a cabo na Escola e nel teredes que volcar todo o coñecemento adquirido. Dende a Biblioteca, sendo conscientes disto, tratamos de apoiarvos o máis posible.

Consulta dos PFCs e TFGs gardados na Biblioteca

Na Biblioteca gardamos un bo número de PFCs de convocatorias anteriores. En concreto, e segundo a normativa, o alumno ten a obriga de subir unha copia do PFC en CD ou DVD cando o traballo obtivese unha calificación de sobresainte. Estes traballos non se poden levar en préstamo, pero si consultar nas instalacións da Biblioteca.

Consulta dos TFGs en Crunia

Consulta dos PFCs e TFGs a texto completo a través do RUC

O Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) é unha biblioteca dixital creada e xestionada pola Biblioteca da UDC a partires do software de código aberto DSpace, co obxecto de poñer a disposición do público en xeral a produción científica e académica da nosa universidade.

Neste senso, e dentro da comunidade "Traballos académicos" temos as seguintes "coleccións" relacionadas con titulacións da nosa Escola (consulta realizada o 18 de maio de 2018):

 

Consulta dos PFCs e TFGs dispoñibles a texto completo noutras Escolas de Arquitectura

Fixemos un pequeno documento onde podedes consultar os PFCs (e PFMs) a texto completo dispoñibles noutras Escolas de Arquitectura. En total, máis de 2.000 traballos están accesibles para que podades coller ideas, familiarizarvos coa estrutura, etc.

Traballos Fin de Carreira e de Mestrado Noutras Universidades

 

 

Unha imaxe do PFC de Miguel Outeiral

Miguel Outeiral Moledo. Bodega no Ribeiro [Cabanelas, O Carballiño, Ourense]. Signatura PFC (ARQ) 2014  1.

 

Unha imaxe do PFC de Roberto Lores

Roberto Lores Padín. Escola Infantil en Arteixo. Signatura PFC (ARQ) 2014  2.

Imaxe do PFC de María Olmo

Marta del Olmo Rubio. Torre de viviendas en el polígono de Sabón. Signatura PFC (ARQ) 2013  6.