Como buscar artigos de Arquitectura

Os artigos de revista son hoxe en día unha fonte imprescindible de consulta non só na actividade investigadora senón tamén para a propia actividade académica do alumno, ben a través dos traballos de clase ou como fonte de estudo complementaria, así coma para a identificación dos distintos perfís profesionais existentes.  Por tanto, a búsqueda e uso eficaz desta tipoloxía documental pode mellorar considerablemente os resultados académicos do alumno.

Como buscar os artigos de revista?

Os artígos  non son buscables directamente  no Catálogo da Biblioteca, onde só aparece o rexistro propio da revista. Por tanto, dende o Catálogo da Biblioteca só poderemos consultar se temos unha revista concreta, así como os números e anos dispoñibles.

Para a busca de artigos teremos entón que botar man das bases de datos, especialmente de Avery, Dialnet e Google Académico. Será nestas fontes onde poderemos consultar os artigos que traten sobre tal obra arquitectónica ou sobre un autor ou estilo concreto. Non todos os artigos do voso interese terán acceso libre a través da Internet. Nese caso, teredes que voltar á páxina web da Biblioteca e consultar os nosos recursos e servizos:

  • Revistas electrónicas. Moitas das revistas internacionais do voso interese están subscritas pola Biblioteca da UDC e poden consultarse a texto completo.
  • Revistas en papel. Na nosa Biblioteca temos arredor dun centenar de revistas. Podedes consultar a súa existencia e cobertura no Catálogo da Biblioteca, directamente na nosa Hemeroteca ou preguntando no mostrador.
  • Préstamo interbibliotecario. Cando ningunha das dúas vías anteriores deu resultados positivos (principalmente dirixido a alumnos matriculados no PFC, TFM ou doutorado).

Para tratar todos estes temas e resolver todas as dudas posibles que poidan xurdir fixemos unha guía práctica que vos permitirá resolver paso a paso calquera tipo de contratempo. É unha guía moi exhaustiva pensada máis para consultas rápidas que para unha lectura secuencial.

Como atopar artigos de Arquitectura: guía básica para traballos de clase

 

Avery

A base de datos referencial para a nosa área. Indexa arredor de 800.000 artigos de máis de 700 revistas da disciplina, principalmente da Arquitectura do deseño, aínda sen desdeñar outras áreas coma Historia da Arquitectura, Urbanismo, Paisaxismo, Preservación ou incluso Deseño Interior e Decoración.

Aínda que é unha base de datos anglosaxona (EEUU) no seu contido veñen representadas as principais revistas internacionais. Así, atoparedes en inglés 498.889 rexistros, en alemán 77.025, en francés 55.524, en italiano 52.624, en español 34.924 ou en xaponés 21.293, etc.

Como exemplo da súa capacidade podemos dicir que Avery recupera 95 publicacións sobre Alejandro de la Sota, 396 sobre Norman Foster, 559 sobre Moneo ou 2.303 sobre Le Corbusier.

Para máis información sobre este recurso podedes consultar a nosa páxina de Avery.

Guía básica de uso de Avery (en galego).

Dialnet

Base de datos nacional creada dende a Universidade da Rioja e mantida por máis de 70 entidades colaboradoras (entre elas a Biblioteca da UDC). Indexa todas as revistas científicas e profesionais españolas así como algunhas máis principalmente iberoamericanas. Este recurso é ideal para a busca de artigos publlicados no noso país nos últimos 10 ou 15. A súa exhaustividade é case absoluta para este período.

Na Biblioteca fixemos algunha guía de interese arredor deste recurso:

300 artigos de arquitectura sobre a cidade da Coruña: un exemplo das posibilidades da búsqueda avanzada de Dialnet.

Como atopar artigos dentro dunha revista en Dialnet.

 

Google Académico

Terceiro recurso de búsqueda recomendado para os artigos de revista, aínda que esta vez con grandes reservas.

O grande buscador científico de Google, ainda que destaca e brila nalgunhas áreas do coñecemento, non o fai do mesmo modo para as nosas áreas de interese (Arquitectura, Arte, Deseño, etc.). Este búscador nútrese principalmente dos acordos firmados coas máis importantes editoriais científicas internacionais (normalmente especializadas en mediciña, tecnoloxía e ciencias) así como das bases de datos en aberto, non habendo ningunha especialmente salientable en Arquitectura. Polo tanto, os contidos que podemos atopar en Google Académico de Arquitectura ou Arte presentaranse de forma fragmentada, recomendado o seu uso só de forma complementaria aos dous recursos anteriores.

OLLO: Google Académico só indexa arredor do 35% dos contidos de Avery para os últimos 4 anos.

Tamén fixemos algunha guía de axuda na Biblioteca sobre Google Académico.

Acceso ao texto completo dos artigos de revista dende casa e con Google Académico.
 

 


 

 

 

 

Icona da base de datos Avery Avery. A colección máis exhaustiva de artigos sobre Arquitectura a nivel internacional.
Icona da base de datos DialnetDialnet. Indiza todas as revistas españolas de Arquitectura, Urbanismo e Arte. Podedes atopar todos os artigos publicados dentro dos últimos 10 anos aproximadamente.
Icona da base de datos Google ScholarGoogle Académico. Aínda que presenta unha alta cobertura para disciplinas coma Mediciña, Enxeñerías ou Economía entre outras, a indexación é moi pobre nas áreas de Arquitectura e Arte. Só se recomenda como recurso complementario.
Enlace ao traballo Como atopar artigos de Arquitectura, guía básica para os traballos de claseComo atopar artigos de Arquitectura. Unha guía práctica completa para entender todo o ciclo de busca de artigos de revista.
Icona do servizo Pinterest onde consultar os últimos números de revista chegados á BibliotecaPinterest. Dende a rede social Pinterest podedes consultar os últimos números de revista chegados a nosa Biblioteca.