Taxonomía CRediT

Que é a taxonomía CRediT?

CRediT (Contributor Roles Taxonomy) describe 14 roles ou funcións que representan os principais cometidos que poden desempeñar os investigadores/as participantes dun traballo científico.

Nesta convocatoria da ANECA, por primeira vez faise referencia a esta taxonomía. En concreto, no punto 6 dos "Criterios generales para todos los campos", no que se indica que:

https://www.aneca.es/documents/20123/49576/Borrador+Resolucion+Criterios+CNEAI+2023_061123.pdf/c5a3af88-bb33-c50a-b5da-82fed2198c05?t=1699282634260

Para que una aportación sea considerada, la persona solicitante deberá haber participado activamente en los trabajos que le dieron origen, concretando su aportación específica a los mismos en los casos de coautoría o autoría múltiple. Así, en el caso de las publicaciones esta información deberá aportarse de acuerdo con la taxonomía CRediT (Contributor Roles Taxonomy,
https://credit.niso.org), o bien, si la publicación no requiere esta información o se presenta otro tipo de aportación, deberá incluirse en la narrativa de la solicitud tomando como referencia preferentemente esta taxonomía.

Segundo a Biblioteca da University College London (UCL), "CRediT orixinouse en 2012 nun taller dirixido pola Universidade de Harvard e o Wellcome Trust. O taller propuxo unha taxonomía que logo se formalizou e describiu primeiro en Nature commentary e máis tarde en Learned Publishing. CRediT asociouse entón coa Consortia Advancing Standards in Research Administration (CASRAI) para revisar e perfeccionar a taxonomía".

https://www.ucl.ac.uk/library/research-support/open-access/credit-taxonomy

CRediT facilita que os autores/as reciban un recoñecemento máis xusto pola contribución persoal ao avance da ciencia, sendo particularmente importante para os investigadores máis xoves. Os principais beneficios do seu uso os podedes consultar nesta estupenda entrada da Biblioteca da Universidad de las Palmas de Gran Canaria.

Os roles ou funcións son os seguintes:

  • Conceptualización. Ideas; formulación ou evolución dos obxectivos e metas xerais da investigación.
  • Curación de datos. Actividades de xestión para anotar (producir metadatos), depurar datos e manter os datos de investigación (incluído o código de software, cando sexa necesario para interpretar os propios datos) para o seu uso inicial e posterior reutilización.
  • Análise formal. Aplicación de técnicas estatísticas, matemáticas, computacionales ou outras técnicas formais para analizar ou sintetizar datos de estudo.
  • Adquisición de fondos. Adquisición do apoio financeiro para o proxecto que conduce a esta publicación.
  • Investigación. Realización dunha investigación e proceso de investigación, realizando especificamente os experimentos, ou a recolección de datos/evidencia.
  • Metodoloxía. Desenvolvemento ou deseño da metodoloxía; creación de modelos.
  • Administración do proxecto. Responsabilidade de xestión e coordinación da planificación e execución da actividade de investigación.
  • Recursos. Subministración de materiais de estudo, reactivos, materiais, pacientes, mostras de laboratorio, animais, instrumentación, recursos informáticos ou outras ferramentas de análises.
  • Software. Programación, desenvolvemento de software; deseño de programas informáticos; implementación do código informático e dos algoritmos de apoio; proba dos compoñentes de código existentes.
  • Supervisión. Responsabilidade de supervisión e liderado na planificación e execución de actividades de investigación, incluíndo a titoría externa ao equipo central.
  • Validación. Verificación, xa sexa como parte da actividade ou por separado, da replicabilidad/reprodución xeral dos resultados/experimentos e outros produtos da investigación.
  • Visualización. Preparación, creación e/ou presentación do traballo publicado, especificamente a visualización/presentación de datos.
  • Redación - do borrador orixinal. Preparación, creación e/ou presentación do traballo publicado, especificamente a redacción do borrador inicial (incluíndo a tradución substantiva).
  • Redación - revisión e edición. Preparación, creación e/ou presentación do traballo publicado polos membros do grupo de investigación orixinal, especificamente revisión crítica, comentario ou revisión – incluíndo as etapas previas ou posteriores á publicación.

Moitas editoriais xa adoptaron esta taxonomía nas súas publicacións, como Elsevier, Oxfor University Press, Springer, etc.

Aquí tedes un exemplo da aplicación de CRediT dentro dun artigo científico:

https://doi.org/10.1016/j.heliyon.2023.e18334

credit