A Mariña Dourada

A Mariña Dourada

Esta instalación deportiva recupera a denominación orixinal deste lugar que agora é campus universitario. Fai alusión ás antigas e vizosas terras de labradío e viñas douradas que cubrían esta zona atravesada pola Corredoira do Trasno. Xente no camiño e seres sobrenaturais como o trasno en forma de cabalo, a estadea e espíritos do alén convivían na luz e na escuridade. Outros topónimos alusivos á cultura do viño na zona son Viña Nova, Viña Vella, Viña da Fonte, San Cristovo das Viñas, Fonte do Lagar e o propio de Elviña.

Cartel