O sitio en que te atopas ocupa o que ata non hai moito tempo era un espazo de cultivo que abranguía desde O Lagar ata a aldea de Elviña, e que se estendía a ambas as beiras do camiño que unía a igrexa parroquial con Mesoiro e toda a banda oeste da parroquia. O nome con que se coñecían era As Carballeiras. Este topónimo é con certeza a lembranza dunha fraga de carballos existentes con anterioridade a que fosen terras de labor.