O Souto

O Souto

O sitio en que te achas está situado na aba que forman o monte dos Curutos e O Bogalledo. Foi no pasado un lugar moi importante para a veciñanza, pois aquí situábase un bosque de castiñeiros; a castaña desempeñou un papel esencial na dieta con anterioridade á implantación da pataca. O nome deste sitio é O Souto, que tamén nomea un lugar. Dos moitos castiñeiros que poboaron esta zona só queda a memoria oral e o topónimo.

Cartel