Guías Docentes 2025/2026

Informes do estado das guías docentes

Requírese autenticación na UDC para poder acceder aos informes do estado das guías docentes. Os informes son dous libros Excel con varias lapelas. A principal diferenza entre os dous informes é que un mostra a información de todas as guías docentes da UDC, mentres que o outro soamente recolle a información das guías que non están publicadas ou non están validadas academicamente.

Acceso ao cartafol dos informes do estado das guías docentes

A documentación dos informes contén información importante para interpretar correctamente os valores que se mostran nos informes.

Accesos a SIGMA e manual de uso

Accesos a SIGMA

SIGMA en galego

SIGMA en castelán

Unha vez dentro de Sigma, no panel da esquerda selecciona:

Guías Docentes > Guía docente > Edición guías docentes

para acceder ao módulo de edición de guías docentes.

Manual de uso

guia sigma GD Edición e xestión de Guías Docentes

Calendario de elaboración de guías das materias

Tarefa Datas Responsable Trámite
Elaboración de guías docentes Do 25 de xuño ao 15 de xullo Profesorado da materia Editar as guías
Enviar a validar as guías
(unha vez enviadas as guías a validar o profesorado non poderá editalas)
Revisión, validación e publicación de guías docentes Do 16 de xullo ao 25 de xullo Coordinación de titulacións
Profesorado da materia
Departamento
Centro
Revisar as guías enviadas:
• Correctas → Validar e publicar (é preciso publicar as guías para que o PDI da UDC as poida revisar de cara á súa aprobación e ratificación en Consellos de Departamento e Xuntas de Centro)
• Precisa correccións → Devolver ao profesorado
Aprobación de guías docentes 23 de xullo Departamento Comunicar ao decanato a aprobación das guías
Ratificación de guías docentes 24 de xullo Centro Ratificar as guías
Revisión de guías con incidencias Ata o 30 de setembro Profesorado, coordinacións ou equipos directivos segundo a incidencia Validar e publicar as guías que correspondan