II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña (2021)

A Universidade da Coruña (UDC), por medio da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente, fai pública a convocatoria dos II Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.

Establécense dous premios por cada modalidade de participación, coas seguintes dotacións:

  1. PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE SUSTENTABILIDADE (patrocinado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible)
    • 1.º premio: 600 €
    • 2.º premio: 400 €
  2. PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
    • 1.º premio: 600 € 
    • 2.º premio: 400 €
  3. PREMIO Á INNOVACIÓN DOCENTE EN APRENDIZAXE-SERVIZO EN MATERIA DE REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES ‒ 1.º premio:
    • 1.º premio:600 €
    • 2.º premio: 400 €

O prazo de presentación das candidaturas remata o ás 23.59 h do 4 de xuño 20121

Comisión avaliadora:

A selección dos proxectos gañadores será realizada por unha Comisión Avaliadora Externa, formada polos seguintes especialistas en Aprendizaxe-Servizo: 

  • Ígor Mella Núñez, Universidade de Santiago de Compostela
  • Almudena Alonso Ferreira, Universidade de Vigo
  • Ángel Fernández Castro, director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible
  • Nélida Pérez Fernández, Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña (AFACO)

 

Convocatoria:
Resolucións: