Convocatoria de proxectos de innovacion para a formación aberta en competencias dixitais

O Cufie lanza través da FUAC unha convocatoria de proxectos de innovación para a formación aberta en competencias dixitais destinados á comunidade docente. Esta convocatoria publícase no marco do proxecto (DigCompEdu-FyA), financiado a través do Plan de Recuperación, Transformación e resiliencia da UE “NEXTGENERATIONEU” - BDNS 582721 07/09/2021.

Os proxectos consistirán no desenvolvemento de cursos en aberto, en formato MOOC (Massive Open Online Courses) autoformativo e desatendido, correspondentes aos niveis A1 e A2 de calquera das 25 competencias indicadas na convocatoria. Cada curso permitirá subir de nivel nunha determinada competencia. Darase prioridade ás competencias 2.2, 2.3, 4.1, 5.1, 6.4 e 7.1 indicadas na convocatoria. Soamente se financiará un curso por cada nivel (A1 e A2) e competencia.

Financiaranse 16 proxectos destinados a cursos MOOC cun máximo de 1.000,00 euros brutos cada un. Os contidos do curso deberán estar desenvolvidos antes do 30 de setembro de 2023.

As solicitudes poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria na Sede Electrónica da FUAC até as 23:59 horas do día 28 de febreiro de 2023.