FAQS

O investigador Principal iniciará o procedemento mediante solicitude por correo electrónico a contratos@udc.gal e cubrindo o anexo III correspondente que pode encontrar no apartado de impresos de contratación laboral desta web.

O punto 4.5 do Acordo de clasificación profesional e condicións de traballo do persoal contratado ao abeiro da Lei 14/2011, do 7 de xullo, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (persoal contratado para tarefas de investigación PCTI) establece a posibilidade de optar ao teletraballo para o persoal contratado para tarefas de investigación PCTI. Os PCTI interesados no teletraballo deben de encher a declaración responsable, que poden atopar nesta ligazón https://www.udc.es/gl/exi/contratacion-laboral-/impresos-convocatorias/ e remitila asinada polo traballador/a con visto e prace do responsable do contrato (IP) ao correo electrónico contratos@udc.es.

 

Os PCTI interesados en solicitar vacacións ou calquera outro permiso deben de encher o impreso que poden atopar nesta ligazón https://udc.es/gl/exi/persoal-contratado-para-tarefas-de-investigacion-pcti/impresos e remitila asinada polo traballador/a e polo responsable do contrato (IP) ao correo electrónico contratos@udc.es. 

Seá de aplicación o calendario de festas laborais de carácter retribuído e non recuperables que elabore cada ano a Xerencia desta Universidade. O réxime de días inhábiles (patróns, Día da Universidade...) Será o mesmo que o do resto do persoal da Universidade.

As licenzas e permisos serán as que marca a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (texto consolidado 01/01/2025)

 

8 días se o centro no que traballas ten patrón, 9 días no resto dos casos