A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
[AVISO MOI IMPORTANTE: Resolución Reitoral de 27/09/2012 sobre o procedemento para solicitar un último exame nas materias xa extinguidas e sen dereito a exame das licenciaturas: prema aquí.]
Pode atopar resposta ás súas dúbidas se consulta as preguntas máis frecuentes; se non é así, pode consultar coa administración do centro.
Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, as licenciaturas que se impartían na facultade atópanse en proceso de extinción:
• Licenciatura en Filoloxía Galega
• Licenciatura en Filoloxía Hispánica
• Licenciatura en Filoloxía Inglesa
Estas titulacións extínguense de xeito gradual dende o curso 2011-2012, de acordo co seguinte calendario:
• Curso 2011-12: extínguese o 1º curso das tres licenciaturas.
• Curso 2012-13: extínguese o 2º curso das tres licenciaturas.
• Curso 2013-14: extínguese o 3º curso das tres licenciaturas.
• Curso 2014-15: extínguese o 4º curso das tres licenciaturas.
Pode consultar aquí os calendarios oficiais de exames das tres licenciaturas; recoméndase que xusto antes de cada convocatoria revise as datas, por se houber algunha modificación:
• Curso 2014-2015, Filoloxías Galega, Hispánica e Inglesa:
Decembro 2014 | Xaneiro 2015 (materias do 1.º cuadrimestre)
Maio-xuño 2015 (materias anuais e do 2.º cuadrimestre)
Xullo 2015 (antiga convocatoria de setembro)
Exames extraordinarios (materias extinguidas; decembro 2014, maio e xuño 2015)
Filoloxía Galega | Filoloxía Hispánica | Filoloxía Inglesa
Se non rematou os seus estudos de licenciatura nunha titulación de Filoloxía e desexa incorporarse a unha titulación de grao, pode solicitar que se lle recoñezan as materias que figuran superadas no seu expediente.
Nas normas e táboas de equivalencias das materias se recollen as correspondencias entre os planos de estudios e como se lle recoñecerán nos graos as materias que xa superou na licenciatura.
Se ten algunha dúbida, pode dirixirse á administración do centro.