Tratamento de datos persoais con fins de xestión

Servizos e aplicacións TIC corporativos (tecnoloxías da información e da comunicación)

Actividade de tratamento

Servizos e aplicacións TIC corporativos (tecnoloxías da información e da comunicación)

Responsable do tratamento

Universidade da Coruña

Finalidade

Xestionar as TIC necesarias para o desenvolvemento das actividades universitarias e a prestación do servicio público de educación superior:

  • Sistema de xestión académica: secretaría virtual, campus virtual, guías docentes, avaliación docente.
  • Ferramentas Microsoft 365
  • Portais persoal e económico
  • App UDC
  • Portafirmas
  • Xestión de espazos, horarios e de CV
  • Redes sociais e canais de comunicación da UDC
  • Servizos dixitais da biblioteca e repositorio UDC
  • Navegación web, servizos de acceso á rede e servizo de escritorio virtual (VDI)
  • Xestión de incidencias informáticas e de comunicacións por parte do Servizo de Informática e Comunicacións da UDC
  • Perfil persoal
  • Tarxeta de identificación universitaria
  • Plataforma de contratación
  • Voto electrónico
  • Solicitude bonobus
  • Directorio

Categorías de datos

Datos identificadores: nome e apelidos, DNI, correo electrónico, datos de contacto.

Datos académicos: expediente académico persoal e actividades académicas.  

Datos profesionais: posto de traballo, datos de contacto, datos bancarios.

Outros datos necesarios para a prestación de determinados servizos: dirección IP, extensión telefónica, imaxe, voz, roles do usuario para o uso de aplicacións e servizos, rexistros de auditoría sobre o uso dos servizos e actividades nos sistemas de información.

Lexitimación

Art. 6.1.e) RXPD: cumprimento dunha misión realizada en interese público (LO 2/2023, 22-3, do Sistema Universitario).

Art. 6.1.b) RXPD: execución dun contrato do cal a persoa interesada é parte.

Persoas interesadas

Membros da comunidade universitaria.

Cesións de datos

Non están previstas, a salvo dos posibles requirimentos das autoridades para a posible esixencia de responsabilidades legais (v.gr. autoridades xudiciais, Axencia Española de Protección de Datos).

Transferencias internacionais de datos

Non están previstas.  

Período de conservación

Os datos conservaranse durante o tempo que dure a relación de servizo entre a UDC e a persoa membro da comunidade  universitaria. Posteriormente, conservaranse bloqueados durante o tempo que sexa necesario segundo a normativa sectorial específica (xeral ou da UDC), aos efectos da posible esixencia de responsabilidades legais, ou conservaranse de forma indefinida sempre que o tratamento concreto quede amparado por algunha das bases de lexitimación previstas no art. 6 RXPD.

Medidas de seguridade

Aplicaranse as medidas de seguridade implantadas pola Universidade en execución do Esquema Nacional de Seguridade (Real Decreto 311/2022, 3-5).