A Universidade da Coruña crea a Aula Fundación Orozco López

Nota de prensa

4/04/19 12:54

  • Institucional

A Coruña, 4 de abril de 2019.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e José Antonio Orozco Fernández, en representación da Fundación Orozco López, asinaron esta mañá na Reitoría o convenio de colaboración polo que se crea a Aula institucional Fundación Orozco López, adscrita á Facultade de Economía e Empresa.

O obxectivo principal desta Aula é potenciar a calidade dos programas oficiais de grao e mestrado impartidos na Facultade de Economía e Empresa. Para isto, propóñense varias actuacións para os dous anos, 2019 e 2020, que terá de vixencia esta Aula como o fomento da participación de relatores de prestixio, a promoción e desenvolvemento de actividades complementarias e facilitar estadías noutras universidades ou centros de investigación de prestixio tanto para estudantes dos mestrados como para o profesorado. Así mesmo, entre as finalidades que persegue esta nova Aula está a de garantir o acceso aos estudos de mestrado oficial de estudantado con necesidades económicas e apoiar o desenvolvemenro de accións de captación de alumnado para os programas oficiais de mestrado de dentro e fóra do Sistema Universitario Galego.

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC