Declaración institucional

Comunicado Institucional

14/10/21 12:07

  • Institucional

A Universidade da Coruña (UDC), na súa condición de institución que xestiona fondos públicos, acepta e xestiona subvencións e como beneficiaria de fondos estruturais e de inversión europeos e de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiados con Fondos Next Generation EU, comunica o seu compromiso de loita contra o fraude e reforzo dos mecanismo de prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, nos termos requiridos pola normativa vixente.

Todos/as os/as participantes que interveñan na xestión de Fondos Europeos e os/as beneficiarios/as das axudas, deben comprometerse a unha tolerancia cero fronte ao fraude.

Na UDC os procedementos de contratación administrativa adecúanse ao disposto na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, que tamén establece límites a determinadas condutas que poidan constituír formas de corrupción na contratación pública. O artigo 64 establece que os órganos de contratación tomarán as medidas adecuadas para loitar contra o fraude, o favoritismo e a corrupción, prever, detectar e resolver de modo efectivo os conflitos de intereses.

Os/as traballadores/as públicos que forman parte da UDC, adecuarán o seu proceder aos principios de legalidade, obxectividade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción da contorna cultural e ambiental e respecto á igualdade entre mulleres e homes, conforme co establecido nos artigos: 52 a 54, do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e 73 e 74 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. A UDC incorpora o “Código ético dos empregados públicos”, de acordo co Estatuto Básico do Empregado Público e a lei autonómica de Emprego Público de Galicia e procede a súa publicación na páxina web.

A UDC manifesta que todo/a cidadán/cidadá da Unión Europea pode informar á Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) daquelas sospeitas de fraude que afecten aos intereses financeiros da Unión Europea.

https://ec.europa.eu/anti-fraud/home_es

Asemade o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) é o órgano dependente da IGAE (Intervención Xeral do Estado), encargado de coordinar as acciones encamiñadas a protexer os intereses financeiros da Unión Europea contra o fraude en colaboración co OLAF.

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/inicio.aspx

 

A Coruña, 14 de outubro de 2021

O reitor
Julio Abalde Alonso


declaracion

 

 Documento en pdf

Publicado por: Universidade da Coruña