
A XVIII edición do curso de verán centrarase en fomentar e analizar o uso da lingua nos colectivos de inmigrantes que moran na Galiza. Como todos os anos, esta edición tamén se alicerza no uso e na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc. máis adecuados para tal propósito.
Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, nomeadamente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, intérpretes, tradutoras/es etc.
15 e 16 de xullo, no Fórum Carballo, praza dos Bombeiros Voluntarios s/n
Prazo de matrícula aberto ata o 11 de xullo.
Convocatoria Programa completo
Publicado por: Servizo de Normalización Lingüística