No Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña acéptanse solicitudes de publicación de manuscritos tanto de obras de carácter científico como de creación literaria e artística. A editorial da universidade está aberta a recibir todas as propostas de publicación que cumpran os nosos criterios de calidade e co procedemento editorial vixente.
Advírtese que non se aceptarán propostas de "autopublicación" financiadas total nin parcialmente pola/s persoa/s autora/s.
Criterios para a calidade editorial:
As obras publicadas baixo o selo do SPU (tanto en papel como en dixital) deben ser recoñecidas pola súa calidade editorial e cumprir cos seguintes requisitos para acadar a máxima calidade científica. A xestión dos puntos 1,2 e 3 será asumida polo SPU unha vez recibida a solicitude e o manuscrito:
As coleccións existentes ata o momento son as seguintes:
Coleccións con dirección e consello científico propio:
Ademais, publícanse de xeito ocasional libros que, pola súa temática e interese, están fóra de colección.
Publicación dixital en Acceso Aberto:
A Comisión Editorial Académica (CEA) aproba a adxudicación dun DOI e un ISBN electrónico a aquelas publicacións de carácter académico e/ou investigador que cumpran cos estándares de calidade do SPU. Estas publicacións estarán dispoñibles en acceso aberto no espazo destinado a Catálogo Dixital en Aberto do SPU.