INFORMACIÓN PREVIA
- Só se admitirán textos orixinais definitivos, que conten con permiso de reprodución de imaxes, se as houber.
- Os manuscritos deben cumprir coas seguintes premisas de estilo e formato antes de proceder ao seu envío para valoración.
- Se non pode cumprir co punto anterior deberá enviar un escrito xustificativo xunto co manuscrito orixinal da obra. O SPU valorará se ten a calidade formal suficiente para poder continuar coas seguintes fases de edición.
- Os orixinais serán sometidos á consideración do Servizo de Publicacións, que, unha vez revisado que cumpren coas normas de estilo, solicitará informes de pares cegos.
NORMAS DE ESTILO
Estas normas serán requisito imprescindible. Exceptúanse aquelas obras de carácter artístico literario que pola súa intencionalidade requiran dun formato concreto para completar o significado do contido (nestes casos requírese un documento xustificativo)
FORMATO
- Os orixinais enviarase ao anderezo publica@udc.es en formato Word ou PDF, en tamaño A4, Times New Roman, tamaño 12, xustificado e con entreliña 1,5.
- As marxes superior e inferior serán de 2,5 cm e as marxes esquerda e dereita serán de 3 cm.
ESTRUTURA
- Na primeira páxina, consignarase o título da obra centrado no terzo superior e o nome (s) completo(s) do autor(es/as) no terzo inferior.
- A páxina 2 deixarase en branco.
- Na páxina 3 irá o nome(s) do autor(es), centrado, en minúscula, na parte superior da páxina. No medio da páxina, centrado, irá o título e o subtítulo da obra.
- A páxina 4 deixarase en bramco.
- Na páxina 5 debe situarse un índice.
- A páxina 6 irá en branco.
- O texto comezará na páxina 7.
IMAXES, GRÁFICOS E ILUSTRACIÓNS
- O formato recomendado é .jpg ou .tiff.
- As imaxes e ilustracións deberán ir acompañadas de lendas ou pés.
- A resolución recomendada é de 300 ppp. Non se admitirán resolucións inferiores a 150 ppp
- As ilustracións irán integradas no manuscrito orixinal, e, ademais diso, deben enviarse, cos criterios devanditos de formato e resolución, como arquivos separados con nomes significativos (p.e.: imaxe 1, fig1...). Achegarase tamén un arquivo de texto do índice das imaxes e as súas lendas ou textos ao pé .
- Facilitarase a información pertinente sobre a orixe de cada imaxe e sobre a titularidade dos dereitos de reprodución.
ORTOGRAFÍA
- Para as obras en español, deberá axustarse á Ortografía de la lengua española, da Real Academia Española, edición de 2010.
- Para as obras en galego, seguiranse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. (Real Academia Galega; Instituto da Lingua Galega)
COMO CITAR
Lémbrase que o texto das citas debe ir en redonda, non en cursiva.
1. As citas curtas de menos de 4 liñas, deben ir inseridas no texto, marcadas con comiñas.
Utilizaranse os tres niveis de comiñas segundo a súa prioridade de uso. En primeiro lugar deben usarse as comiñas latinas ou españolas (« »), despois as inglesas (“ ”) e, por último as simples (‘ ’):
El díxome: «Gustoume o artigo “Orixe da palabra ‘sur’ ”, que era moi detallado».
2. Para citas longas, separarase o texto nun novo parágrafo. Este deberá ir sangrado e con letra redonda nun corpo menor (11 puntos).
3. No SPU valorarase o sistema de "CITACIÓN XUSTA". Detállase na seguinte ligazón: citación xusta
A citación xusta é unha compoñente clave na avaliación ética e de calidade editorial de publicacións científicas. Existen varios selos de calidade, índices e certificacións que valoran o cumprimento de boas prácticas de citación, incluíndo a citación xusta. Departamentos académicos, comités éticos e consellos de investigación avalían se os traballos citan de maneira correcta.
NOTAS AO PÉ
Admítense os dous sistemas de chamada á nota (antes ou despois de signo de puntuación), pero deberase optar por usar o mesmo en todo o texto.
Número antes do signo de puntuación: como sinalaba Erasmo1, a locura ou estulticia
Número despois do signo de puntuación: como sinalaba Erasmo, 1a locura ou estulticia
BIBLIOGRAFÍA
Admítese calquera dos sistemas de citación e referencia bibliográfica estandarizados na escritura científico-técnica. É fundamental que se opte por un sistema de citación bibliográfica e se axusten todas as referencias bibliográficas ao mesmo. A seguinte páxina servirá de guía: https://infoguias.biblioteca.udc.es/citas_referencias.