O galego xa é teu

Campaña conxunta das tres universidades galegas (UDC, UVigo e USC) de dinamización lingüística dirixida ao novo alumnado que acaba de incorporarse aos estudos universitarios. Conscientes de que estes mozos e mozas acaban de comezar unha etapa importante de formación académica, pero tamén de formación e transformación da súa identidade, con esta iniciativa buscamos animalos/as para que descubran ese "superpoder" que levan dentro: o idioma galego

Agora é o momento!

Comezas unha nova etapa na UDC?
Chega a oportunidade de amosar o superpoder que levas dentro desde sempre.
Agora é o momento!

A UDC considera o galego como a súa lingua propia. Os Estatutos da UDC, no artigo 4 din "A lingua propia da Universidade da Coruña é o galego, que será o seu vehículo normal de expresión. Para a súa normalización, promocionarase o seu uso na docencia, na investigación, na transferencia e no intercambio do coñecemento e fomentarase o seu uso en todas as súas actividades."

Coñeces estas superheroínas e superheroes da uni?

Os catro fantásticos e máis

Queres formar parte destes “4 Fantásticos” da lingua?
Só faltas ti!
Agora é o momento!

 

Descubre o teu nome de superheroína ou de superheroe!

 

Quen dixo que as chanzas non son tamén un superpoder?

 

Pequenas vitorias do día a día

 

Quen estea libre de grallas e erratas...

 

Cando che volven preguntar por que falas galego