A Universidade da Coruña oferta unha gran variedade de proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades que permitirán aos alumnos do STEMbach experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise favorecendo o seu pensamento crítico e creativo, así como o seu interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.
A continuación expónese a oferta de proxectos de investigación da Universidade da Coruña para os estudantes da edición STEMbach do bienio 2018-2020, ordenados por escolas e facultades.
Os centros educativos que teñan interese nalgún destes proxectos poden xestionar a súa asignación a través do correo electrónico de contacto.
Así mesmo, o profesorado da Universidade da Coruña está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación non incluídos nesta listaxe. Unha vez realizada a proposta, desde a coordinación STEMbach da UDC intentaremos atopar ao profesorado adecuado para codirixir cada proxecto suxerido segundo a súa temática.
Priorizarase na asignación de proxectos a aqueles centros educativos que teñan colaboración coa Universidade da Coruña, de xeito que o seu alumnado poderá escoller proxecto dentro da oferta da UDC durante os meses de febreiro e marzo.
Para todos os demais centros educativos, a Universidade da Coruña establece o seguinte calendario:
A Universidade da Coruña fará pública a súa oferta de proxectos e a coordinación STEMbach resolverá as dúbidas que podan xurdir sobre eles aos alumnos ou coordinadores interesados.
Os centros educativos contactarán coa coordinación STEMbach para solicitar os proxectos nos que estén interesados e a UDC realizará unha primeira asignación aos estudantes que será publicada antes do 12 de abril.
Os centros educativos poderán contactar coa coordinación STEMbach da UDC para solicitar proxectos que non fosen asignados.
Calquera outra dúbida será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal