A Universidade da Coruña oferta unha gran variedade de proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades que permiten aos alumnos do STEMbach experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise favorecendo o seu pensamento crítico e creativo, así como o seu interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.
A continuación expónese a oferta de proxectos de investigación da Universidade da Coruña para os estudantes da edición STEMbach do bienio 2021-2023:
- Proxectos fóra da oferta xeral
- Proxectos da oferta xeral, ordenados por escolas e facultades:
Os coordinadores dos centros contactarán coa coordinación STEMbach a través do correo electrónico stembach@udc.es para enviar as solicitudes de proxectos dos seus alumnos/as.
A coordinación STEMbach da UDC organizará as solicitudes, realizará as asignacións e notificará as mesmas a todos os implicados (titor/a/es da UDC e coordinador/a do centro educativo).
Poderá iniciarse o desenvolvemento dos proxectos asignados, que finalizarán previsiblemente entre decembro e marzo do próximo curso, dependendo das necesidades dos participantes.