Requisitos de acceso

Para estar en condicións de solicitar praza é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos de acceso establecidos no art. 3 do RD 412/2014 (derrogado polo RD 534/2024, de 11 de junio (BOE do 12 de xuño).

PAU

Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e superar a proba de acceso á universidade.

Ciclo superior FP

Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ou títulos equivalentes.

Poderán presentarse á parte voluntaria das PAU para mellorar a nota de admisión.

Titulados universitarios

Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensinos universitario (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.

Maiores de 25 anos e maiores de 45 anos

Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba para maiores de 45 anos.

Para presentarse a estas probas os requisitos fundamentais son: ter a idade ou cumplila no ano, e non ter titulación que te permita acceder á universidade por outra vía.

Proba para maiores de 25 anos

Proba para maiores de 45 anos

Estudos estranxeiros

1) Alumnado con estudos da UE ou convenio (aplicable también al alumnado con Bachilleratu Europeo o con Diploma de Bachillerato Internacional):

Para poder acceder aos estudos de grao na UDC, tanto os estudantes da UE como do convenio de reciprocidade, é necesario que soliciten unha credencial á UNED. A nota que conste na credencial será a súa nota de acceso.
 
2) Alumnado con estudos de fóra da UE sen convenio:
  • Para poder acceder aos estudos de grao na UDC, o estudantado extranxeiro alleo á UE é necesario que teña homologado a seu título de Bacharelato ao sistema educativo español.
     
    Para solicitar a homologación: 
     
    En Galicia: 
     
    • Xefatura Territorial da Consellería de Educación: 

      homologacion.educacion.coruna@xunta.gal 

      Tfno: 981184712 / 981184797 / 981184767 / 981184731 

      Dirección: Edificio Administrativo de Monelos (A Coruña) 

     
    Tamén a poderá solicitar no Consulado ou Oficina Consular da Embaixada de España no país de residencia.
     
    A nota obtida na homologación será a nota de acceso.
     
    O prazo de preinscrición (solicitude de praza), adoita ser na segunda quincena de xuño. Se durante ese prazo, tendo solicitado a homologación do título de bacharel, aínda non obtivo a resolución, poderá realizar a preinscrición, pero a súa nota de acceso sería un 5.
     
Tanto para os procedentes da UE ou de fóra da UE, se é necesario ou se desexa mellorar a nota de acceso poderá presentarse ás probas de admisión á Universidade por unha destas dúas vías:
  • A través da UNED (aconsellable para alumnado con estudos estranxeiros): https://unedasiss.uned.es/home
  • Presentarse ás probas organizadas pola CIUG realizando a parte voluntaria (procedemento de admisión): CiUG | PAU (só residentes en Galicia)
    Neste caso é necesario solicitar a adscrición a un centro de secundaria: escolarizacions.coruna@xunta.gal

Outros

Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, non contempladas nos apartados anteriores.