Residencia Pública Universitaria de Ferrol

Rúa Sánchez Barcaiztegui, 28
15401 Ferrol  
residenciauniversitaria.ferrol@udc.es
Tel.: 981 337 400 ext.: 3696

Máis información

Residencia Pública Univ. da Coruña "Elvira Bao"

Biografía Elvira Bao
Praza Museo Nacional de Ciencia, 3
15011 A Coruña
residenciauniversitaria.coruna@udc.es
Tel.: 881 01 4599
Interlocutora da Residencia Elvira Bao: Lorena Lema Rey
Tel.:881 01 4598/611036766
Preguntas frecuentes

Máis información

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC - Curso 2026/2027

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol. Curso 2026-2027.

Nesta convocatoria establécese o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes, que permanecerá aberto desde o 25 de maio ata as 14:00 h do 23 de xuño de 2026.

 

Para o alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC: 

1º) Cumprimentar o "Formulario para a solicitude de praza nas residencias universitarias - Alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC" que aparece a continuación. Unha vez finalizado este proceso, recibirá, na dirección de correo electrónico indicada no formulario, as instrucións para o envío da documentación.

2º) Deberá responder ao correo electrónico recibido achegando o Anexo III (praza Coruñaou o Anexo IV (praza Ferrol), cuberto e asinado por todos os membros computables da unidade familiar, e a documentación requirida no mesmo. Unha vez rematado este proceso, recibirá por correo electrónico a confirmación da presentación e que servirá como resgardo.

Soamente se admitirá unha única solicitude por persoa, ou Coruña ou Ferrol. No caso de que se presente máis dunha solicitude por alumno, soamente terá validez a derradeira solicitude rexistrada.

Para o alumnado de continuación de estudos, a solicitude de praza realizarase a través da seguinte ligazón: Plataforma para solicitudes 

 

Consultas sobre a convocatoria: Sección de Bolsas, a través do correo: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal co asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias".

Consultas sobre as residencias:

Lembra revisar tamén o Regulamento de réxime interno das Residencias Públicas Universitarias da UDC

Novas relacionadas coa convocatoria

 

Solicitude de prazas vacantes 2025-2026

Unha vez finalizada a convocatoria ordinaria do curso 2025/2026 abrirase o prazo para a solicitude de prazas vacantes. 

Solicitude de prazas vacantes para o curso 2025-2026 nas residencias públicas universitarias, logo da resolución reitoral definitiva da convocatoria de adxudicación de prazas para o dito curso.

O prazo de solicitude de aloxamento permanecerá aberto até o último día hábil do mes de xuño de 2026

O procedemento, condicións e requisitos dos solicitantes establécense na Resolución de 12 de maio que poden atopar, xunto coRegulamento de Réxime Interno das Residencias Públicas da UDC, nas seguintes ligazóns:

Para consultas sobre este procedemento debe dirixirse a:
- Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.gal 
- Residencia Pública Universitaria de Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.gal 

Para presentar a súa solicitude debe encher o seguinte formulario:

Prazas de aloxamento para estudantes de programas de mobilidade internacional

Resolución definitiva de estudantes admitidos e en lista de agarda de prazas de aloxamento para estudantes de programas de mobilidade internacional da Universiade da Coruña nas residencias públicas universitarias dos campus de A Coruña e Ferrol. Curso 2025/26 (consulta aquí).

 

O alumnado disporá de cindo días hábiles para aceptar a praza e depositar a correspondente fianza de 150 euros. O procedemento para o ingreso da fianza e o pago das cotas de residencia está descrito no final do documento.  

O xustificante de dito ingreso enviarase por correo electrónico a residence.iro@udc.gal, e servirá confirmación da aceptación da praza por parte da persoa adxudicataria.  

 

Curso 2026-27

Resolución reitoral do 14 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas de aloxamento para estudantes de programas de mobilidade internacional nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso 2026/27 (consulta aquí).

Incorporación na Residencia Universitaria Elvira Bao da Coruña

Unha vez publicada a relación definitiva de asignación de prazas na Residencias Públicas Universitarias para poder acceder a habitación asignada nesta convocatoria é necesaria a solicitude de cita previa.