A Universidade da Coruña promove a participación do estudantado nas enquisas de avaliación da docencia AVALIEMOS como unha peza clave para a mellora continua da calidade da docencia e dos títulos.
Para reforzar a participación e recoñecer o compromiso do alumnado e dos centros, a UDC pon en marcha distintas medidas de incentivo, que combinan accións solidarias, incentivos individuais e recoñecementos institucionais.
Estas medidas complétanse cun marco regulador que garante a voluntariedade, o anonimato das respostas e a transparencia do proceso.
Por cada enquisa cuberta polo alumnado, a UDC realiza unha doazón ao programa ABRIGA, que apoia a estudantes procedentes de zonas en conflito para que poidan continuar os seus estudos na universidade.
Participar en AVALIEMOS permíteche optar a incentivos individuais, como matrículas gratuítas en cursos da UDC, bonos deportivos ou preferencias de acceso a formación universitaria.
Os centros e títulos con maior participación do estudantado en AVALIEMOS poderán recibir un recoñecemento institucional da UDC pola súa implicación na avaliación e mellora da docencia.