Citar as obras que consultas para facer un traballo é un acto de honestidade porque recoñeces o traballo doutros autores. Tamén amosas capacidade para atopar información na que apoiar o teu traballo e darlle calidade.
Recomendamos que empregues sempre o estilo APA para citar e para facer a bibliografía
Hai ferramentas que che facilitan a tarefa de facer a bibliografía e as citas no texto.
Se o teu traballo ten unha bibliografía pequena podes empregar o word (opción: referencias) ou algún servizo gratuito da web para bibliografías como Cite this for me. Se a túa bibliografía é un pouco grande é mellor que empregues un xestor bibliográfico.
Na Biblioteca facemos revisións de bibliografía en estilo APA e podemos asesorarche á hora de elexir un xestor bibliográfico para traballar.
Podes escoller entre varios aínda que nós aconsellamos
Zotero é compatible con máis procesadores de texto (word, libreoffice, googledocs, etc) e é bastante sinxelo para recoller as referencias bibliográficas dos documentos que atopamos en Internet e nas principais bases de datos de Economía.
Outras opcións poden ser:
Refworks (subscrito pola UDC)