Outros xestores bibliográficos

zotero

Zotero é un xestor de bibliografía gratuíto elaborado con software libre. Componse dunha aplicación de escritorio, dispoñible para Mac, Windows e Linux, e dun conector para os navegadores Chrome, Firefox e Safari, que detecta e captura automaticamente todo tipo de información biblográfica na web.

 

mendeley

Mendeley é un xestor de referencias libre e multiplataforma (Mac, Windows e Linux) que dispón de versión local e de versión web, coa posibilidade de sincronizar as dúas automáticamente.