(novembro-decembro 2025)
O pobo palestino enfróntase a unha das maiores encrucilladas da súa historia contemporánea. Despois de sufrir unha transformación xeopolítica radical no século XX (coa limpeza étnica de 1947-1948), hoxe afronta a ameaza dun masivo desprazamento forzado, ademais de ser obxecto dunha campaña militar con posibles crimes de guerra e un posible xenocidio segundo a Corte Internacional de Xustiza. Esta exposición, a cargo de Violeta Meléndrez Doval, alumna da Facultade de Filoloxía, quere dar unha visión global deste conflito desde o punto de vista histórico-social e da súa plasmación no eido literario actual.
(outubro-novembro 2025)
Exposición sobre a banda deseñada portuguesa, organizada polos estudantes de portugués da Facultade de Filoloxía da UDC.
(xullo-setembro 2025)
Este ano 2025 cúmprense 80 anos do remate dunha dos máis terribles conflictos bélicos sufridos pola humanidade, a Segunda Guerra Mundial. Desde entón, moitas obras literarias e cómics trataron este tema, que ata o día de hoxe deixou fondas pegadas. Na biblioteca podedes ver unha selección de títulos que se atopan nos nosos fondos.
(maio-xullo)
En 2025 celébrase o 75º aniversario do pasamento do artista, escritor, intelectual e político galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Esta exposición mostra obras deste autor ou ensaios sobre él que se atopan na biblioteca; algúns atópanse nos fondos xerais da biblioteca e outros no Fondo Siro López, debuxante galego gran coñecedor e investigador da obra de Castelao. Noutros expositores pode verse documentación e máscaras da representación da súa obra teatral "Os vellos non deben de namorarse", realizada pola compañía Teatro Circo de Artesáns en 1977 e que se atopa na Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor da biblioteca.
(abril-maio 2025)
Co gallo do Día Internacional da Lingua Chinesa (20 de abril), o alumno da Facultade de Filoloxía, Christopher Luongo, organizou esta exposición con libros e diversos obxectos sobre a cultura, literatura e lingua desta civilización milenaria.
(marzo-abril 2025)
Exposicíon bibliográfica cunha selección de obras de carácter feminista co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo.
(xaneiro-febreiro 2025)
Exposición onde o libro e os lugares onde habitan (bibliotecas e librarías) son o eixo condutor.