O realismo máxico

O realismo máxico

(abril-maio 2026)

O termo ‘‘realismo máxico’’ foi empregado polo crítico de arte alemán Franz Roh para describir unha pintura que representaba unha realidade alterada. Foi traducido en 1925 co libro Realismo máxico e en 1948 introducido na literatura polo escritor Arturo Uslar Pietri. Foi despois seguido por unha parte da xeración de escritores do boom latinoamericano. Fóra de Hispanoamérica, autores como Salman Rushdie, Milan Kundera ou José Saramago cautivaron a milleiros de lectores en todo o mundo.

Eu viaxo soa

Eu viaxo soa : mulleres viaxeiras ao longo da historia

(marzo-abril 2026)

Ao longo da historia, mulleres valentes desafiaron as normas sociais para explorar o mundo, moitas veces soas e incluso disfrazadas. Pioneiras que romperon moldes xeográficos e de xénero, abrindo camiño na aviación, o periodismo e a exploración.

entre destinos e barreiras

Entre destinos e barreiras: a muller no mapa laboral do turismo

(marzo 2026)

O título da exposición xoga cos destinos turísticos e os destinos laborais ao fin do grado, así como co paralelismo entre o mapa físico e o laboral, deixando clara a temática abordada: o traballo das mulleres no sector turístico. O principal obxectivo é coñecer a realidade co fin de elaborar accións encamiñadas á redución das desigualdades. A través da presentación dos principais datos sobre a situación das mulleres no turismo evidénciase unha realidade marcada polo talento perdido, pero tamén cun futuro esperanzador. Tamén preséntanse perfís de mulleres que actualmente forman parte da industria turística, co obxectivo de visibilizar as súas traxectorias profesionais e ser a fonte de inspiración que son.
 
a 50 anos da independencia da terra: mulleres nos PALOP

A 50 anos da independencia da terra: mulheres nos PALOP

(febreiro 2026)

Esta exposición fai un percorrido pola contribución das mulleres ás independencias de Angola, Cabo Verde e Guiné-Bissau, das que se celebraron os 50 anos en 2025. Organizouna o estudantado da matéria de Língua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa, que, ademáis, fixeron un roteiro guiado o día da inauguración.