Cantas bibliotecas existen?
Que horario teñen as bibliotecas?
Que horario teñen as aulas de estudo?
Onde esta ubicado o Servizo de Biblioteca?
Teñen presenza as bibliotecas nas redes sociais?
Na UDC existen dezaseis puntos de servizo en total:
Biblioteca da ETS de Arquitectura
Biblioteca da EU de Arquitectura Técnica
Biblioteca da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
Biblioteca da Facultade de Ciencias
Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
Biblioteca da Facultade de Dereito
Biblioteca da Facultade de Filoloxía
Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
Biblioteca da Facultade de Informática
Biblioteca da ETS de Naútica e Máquinas
Biblioteca da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol Ángela Ruiz Robles
Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Biblioteca Universitaria de Oza (Cc. da Saúde e Fisioterapia)
Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín (Cc. do Traballo, Deseño Industrial, Enfermaría e Podoloxía, Humanidades e Documentación)
Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
Depende do período do ano pero, como norma xeral, de luns a venres de 08.30 h a 21.30 h, de xeito ininterrompido. Os sábados, domingos e festivos permanecen pechadas.
As aulas de estudo son un servizo que ofrece a Universidade, pero non están relacionadas coa Biblioteca da UDC (BUDC). Hai información sobre os seus horarios e a súa situación na seguinte ligazón: http://www.udc.es/estudantes/aulas_estudo/horarios/
O Servizo de Biblioteca Universitaria está situado no segundo andar do edificio Xoana Capdevielle, no campus de Elviña. Máis información sobre a súa localización: https://www.udc.es/es/biblioteca/informacion_xeral/bibliotecas/
Sí, a maioría das bibliotecas da UDC están presentes nas redes sociais. A que máis éxito ten é Facebook, seguida de Twitter e Pinterest. Algunhas tamén contan con blogs, Flickr ou YouTube. Podedes consultar a listaxe de bibliotecas coas súas correspondentes redes sociais nesta ligazón.