Cantos documentos e por canto tempo podo levalos en préstamo?
Cambian os prazos de préstamo durante os períodos de vacacións?
Que é o préstamo intercentros?
Cantos dias tardan en chegar os documentos solicitados por préstamo intercentros?
Que identificación necesito para o préstamo?
Como podo renovar os meus préstamos?
Que ocorre se devolvo os libros con atraso?
Como podo pedir un libro que está dispoñible ou reservar un libro que está prestado?
Como saber que documentos teño prestados ou reservados?
Podo sacar unha revista en préstamo?
Existen documentos excluídos do préstamo?
Se perdo un documento que teño en préstamo, que teño que facer?
No caso de que solicite un libro que estea prestado, podo saber quen o ten?
Podo saber que libros tiven en préstamo no pasado?
Non son membro desta universidade, podo utilizar a biblioteca e sacar libros en préstamo?
Que teño que facer para solicitar o carné de usuario externo?
Como identificarse no catálogo (para solicitar documentos) e acceder á "Tarxeta da Biblioteca" virtual (renovacións, historial de lectural) por Internet)?
Que é o préstamo interbibliotecario?
Quen pode utilizar o servizo de préstamo interbibliotecario? É gratuíto?
Préstanse ordenadores portátiles?
Préstanse lectores de libros electrónicos?
Depende do tipo de usuario e do tipo de documento: Condicións de préstamo.
Durante os períodos de vacacións (Nadal, Semana Santa e verán) poderán establecerse prazos de préstamo dunha duración extraordinaria, que se comunicarán coa suficiente antelación.
Os usuarios poderán solicitar en préstamo os fondos doutras bibliotecas da UDC sen necesidade de desprazarse. As condicións do préstamo intercentros serán as mesmas que as do préstamo a domicilio. Para máis información acuda ao persoal da biblioteca.
Depende de que biblioteca veñan, o normal son dous ou tres días
A Tarxeta de Identificación Universitaria da UDC ou un documento acreditativo da identidade: DNI, pasaporte...
Pódese renovar o préstamo dun documento sempre que outro usuario non teña solicitado ese documento e o período de préstamo non estea vencido. Pódese facer de tres xeitos:
> Achegándose ao mostrador da súa biblioteca.
> Por teléfono, chamando ao 981 167 000 e marcando a extensión da súa biblioteca.
> Por Internet, premendo en Iniciar sesión na páxina do catálogo e accedendo á 'Tarxeta da Biblioteca'
O incumprimento nos prazos de devolucións suporá unha suspensión temporal do servizo de préstamo.
Desde o momento en que se devolven os documentos vencidos, o usuario será sancionado sen poder levar libros tantos días hábiles como documentos co préstamo vencido teña e días de retraso acumule, ata un máximo de 40 días.
As sancións son acumulables.
Por exemplo, se o usuario ten 4 libros e se retrasa 5 días en devolvelos, será sancionado con 20 días hábiles (4 semanas, se non hai festivos no medio) sen poder levar documentos en préstamo. Outro exemplo, se tivera 7 libros e tardara unha semana en devolvelos sería penalizado con 40 días de bloqueo sen poder facer uso do servizo de préstamo, que é a sanción máxima que se aplica.
Se se identifica no catálogo pinchando en Iniciar sesión, cada vez que busque terá visible os formularios de solicitude que hai en cada rexistro de documento físico. Nese formulario poderá escoller onde quere recollelo. Cando estea listo, a biblioteca avisarao por correo electrónico e gardará o documento durante 48 horas. As solicitudes pódense realizar tamén no mostrador da biblioteca.
Identificándose e consultando a 'Tarxeta da Biblioteca'.
Non. As publicacións periódicas só poden consultarse dentro da biblioteca.
Ademais das revistas, tamén están excluídas de préstamo as teses e tesinas, as obras de referencia, as obras de especial valor e os libros que aparecen no catálogo como de “consulta na sala”.
Segundo o punto 5.4. das Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da UDC: "En caso de perda ou deterioro o usuario deberá restituír a obra prestada por outro exemplar da mesma edición. Se a obra está esgotada terá que adquirir e entregarlle á biblioteca outra de características similares. Mentres non se restitúa a obra, o usuario quedará excluído do servizo de préstamo."
Non, pode reservalo, pero non podemos dicir quen o ten. Na Biblioteca temos que cumprir a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, que no artigo 5 di que "os responsables e encargados do tratamento de datos así como todas as persoas que interveñan en calquera fase deste estarán suxeitas ao deber de confidencialidade". Ademais engádese que "a obrigación xeral sinalada no apartado anterior será complementaria dos deberes de secreto profesional de conformidade coa súa normativa aplicable" e "as obrigacións establecidas nos apartados anteriores manteranse aínda cando finalizase a relación do obrigado co responsable ou encargado do tratamento".
Si, identificándose e consultando a información da 'Tarxeta da biblioteca'. Na lapela de préstamo, deseleccione 'Préstamos activos' e cambie para que se mostren os 'Prestamos anteriores e históricos'. Pode imprimir a listaxe, enviala por email ou importala a un xestor bibliográfico.
A biblioteca está aberta a calquera que precise usar os seus fondos, pero algúns servizos están restrinxidos aos usuarios, como no caso do préstamo.
As persoas alleas á Universidade poden solicitar o carné de usuario externo autorizado, o que lles permitirá utilizar este servizo (punto 2.3 das Normas de préstamo do Servizo de Biblioteca da UDC).
É necesario enviar ao correo electrónico accesodoc.biblioteca@udc.gal estes dous documentos:
O carné ten vixencia dun ano e permite levar en préstamo 6 documentos durante 10 días.
Máis información nesta ligazón.
Accedendo a Crunia, premendo primeiro en 'Iniciar sesión' e introducindo o usuario e contrasinal.
Unha vez identificado pode xestionar os seus préstamos no apartado 'Tarxeta da Biblioteca'.
É un servizo que permite poñer a disposición dos nosos usuarios aqueles libros ou documentos que non se atopan en ningunha das bibliotecas da UDC.
Poden utilizar este servizo todos os membros da comunidade universitaria e os usuarios externos autorizados.
Os membros da comunidade universitaria non teñen que pagar os gastos derivados deste servizo, que está sometido ás tarifas que establecen as bibliotecas subministradoras (agás que superen os 60 euros).
Os usuarios externos teñen que pagar os custos das peticións que se lles subministren.
Para saber máis do funcionamento deste servizo consulte a seguinte ligazón.
Este servizo está restrinxido aos membros da comunidade universitaria e a duración do préstamo será de seis horas, aínda que poderá ser renovado por outras seis se non hai usuarios en listaxe de agarda.
Para facer uso do préstamo ten que cubrir esta solicitude
A Biblioteca da UDC ofrece este servizo restrinxido aos membros da comunidade universitaria. A duración do préstamo será de 15 días e poderá ser renovado por outros 15, se non hai usuarios en lista de agarda.
Para facer uso do préstamo hai que cubrir esta solicitude