Que é o catálogo e que podo atopar nel?
Como podo acceder á bibliografía que recomenda o profesorado?
Podo imprimir ou gardar os resultados das buscas?
Que información ofrecen os rexistros do catálogo?
Desde onde podo consultar o catálogo?
Onde hai máis información sobre o catálogo?
É unha base de datos que permite buscar que obras ten a Biblioteca e indica a súa localización e dispoñibilidade. Estas obras pódense atopar en soporte papel ou electrónico: libros, capítulos, revistas, artigos, xornais, películas, mapas, CDs de música, etc.
Recomendámoche Iniciar sesión previamente coas túas credenciais para acceder a toda a información.
Podes buscar a bibliografía recomendada das materias que estudas premendo neste enlace.
Atoparás predefinida unha busca na que podes introducir o campo título da materia ou o campo código da mesma (consulta guía docente da titulación que cursas). Recomendámoche a busca por código porque é exacta.
Tamén podes utilizar o perfil de Bibliografía recomendada no campo de busca simple da interfaz inicial do catálogo para introducir algunha palabra do título do documento que coñezas. Á esquerda da listaxe de resultados atoparás unha serie de facetas para filtrar. Usa os filtros 'Nome da materia' ou 'Docente da materia', que che axudarán a localizar os documentos que son bibliografía recomendada.
Si, pero para gardar os datos de maneira permanente (máis aló da duración da sesión) tes que te identificar coas credenciais da universidade e o teu contrasinal.
A partir dese momento podes gardar os rexistros que che interesen en favoritos premendo no pin que acompaña a cada rexistro e tamén podes gardar as túas buscas despois de cada interrogación no catálogo.
Sempre que esteas autenticado poderás consultar esa información gardada premendo no pin da barra superior. Nese espazo verás os rexistros gardados, as buscas gardadas e o historial de buscas. Cada unha destas listaxes pódese imprimir, enviar por correo electrónico, enviarse a un xestor bibliográfico ou baixarse nun formato bibliográfico.
Podes establecer alertas das buscas que fixeches para que che chegue un aviso cada vez que un novo documento que se adapte a esa estratexia de busca se incorpore ao catálogo.
Para acceder á información completa dos rexistros cómpre autenticarse coas credenciais da universidade e o contrasinal.
Tras a busca, na listaxe de resultados:
Accedendo ao rexistro completo
O catálogo pode consultarse desde calquera ordenador conectado a internet, tanto na propia Universidade como fóra da UDC.
No propio catálogo hai unha guía de usuario e varios vídeo-titoriais