Solicitar o carné de persoa usuaria autorizada externa

Todas as persoas que o desexen poden solicitar o carnet de persoa usuaria autorizada externa.

 

Solicitude de alta

Se desexa darse de alta como persoa usuaria autorizada externa ten que enviar ao correo electrónico accesodoc.biblioteca@udc.gal a seguinte documentación:

  • O formulario de alta cuberto e asinado
  • Imaxe ou copia escaneada do DNI/PASAPORTE ou carné de conducir.

O formulario impreso está tamén dispoñible nas bibliotecas da Universidade para quen o prefira entregar presencialmente.

Unha vez dada de alta, a persoa usuaria recibirá unha carta de benvida e un correo electrónico que lle permitirá cambiar o seu contrasinal.

Pasados uns días, as tarxetas estarán dispoñibles e poderanse recoller na biblioteca seleccionada pola persoa usuaria.

 

Renovación

O carne ten unha validez dun ano. Pódese solicitar a renovación sempre que non se teñan préstamos caducados. Para a renovación, emprégase o mesmo formulario pero non é necesario achegar ningún outro documento.

 

Condicións de préstamo

Pode levar en préstamo 6 libros durante 10 días. Máis información nas Normas de préstamo da Biblioteca Universitaria e na Guía de préstamo.

 

Identificación

En Crunia

Para entrar na súa conta no catálogo da Biblioteca (CRUNIA) ten que iniciar a sesión como Usuario/a Autorizado/a co seu usuario (21+DNI) e o contrasinal que escolleu durante el proceso de alta.

Identificarse permitiralle, entre outras cousas :

  • Coñecer as condicións de préstamo de cada material e a súa dispoñibilidade
  • Consultar os seus préstamos e renovalos
  • Realizar e ver as súas reservassolicitudes
  • Acceder ao historial de lectura

Os usuarios/as autorizados/as soamente poderán consultar os recursos electrónicos nos ordenadores presentes nas bibliotecas de centro.

Na biblioteca

O préstamo realizarase mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos:

  • Tarxeta da biblioteca
  • Documento oficial identificativo (DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.)
Wifi

O uso da rede sen fíos da UDC está restrinxido á comunidade universitaria. As persoas usuarias autorizadas externas non poden acceder á wifi, a non ser que sexan ex-estudantes (accederán co seu antigo usuario da universidade e o contrasinal a través da rede udcportal) ou membros doutras universidades que participen no proxecto eduroam. Nese caso utilizarán a rede eduroam configurando o seu ordenador segundo as pautas da súa institución de orixe.

 

Contacto

Teléfonos: 881 01 56 74, 881 01 56 38, 881 01 56 75
Correo electrónico: accesodoc.biblioteca@udc.gal.