A misión da Biblioteca é dar soporte á docencia, á aprendizaxe, á investigación e á formación integral do seu estudantado e profesorado en particular, e de todas as persoas en xeral. Para isto facilita o acceso e a difusión dos recursos de información, xestiona espazos, equipamentos e servizos, e colabora nos procesos de transformar a información en coñecemento. Desta forma, a Biblioteca aporta valor e contribúe ás funcións da Universidade ao servizo da sociedade.
As 101 bibliotecarias e bibliotecarios da BUDC atenden a 23.764 usuarios desde 16 puntos de servizo. Integran a colección da Biblioteca 516.012 libros, 219.106 ebooks e 33.921 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD, etc. A BUDC conta tamén con 9.210 revistas en papel e 27.814 en formato dixital, ademais de dar acceso a 66 bases de datos que cubren todas as disciplinas científicas. Todo este material supón un orzamento anual de máis de dous millóns de euros e é consultable desde Crunia, o catálogo da biblioteca.
Son persoas usuarias de pleno dereito da Biblioteca todas as persoas que sexan membros da comunidade universitaria da UDC. Poderán ter a condición de usuarios do servizo de préstamo aqueloutras persoas expresamente autorizadas pola Biblioteca ou que pertenzan a entidades coas que existan convenios ou acordos para a utilización deste servizo.
O horario xeral de atención ao público é de 08.30 h a 21.30 h, de luns a venres. Este horario pode verse reducido en periodos de vacacións.
Servizo de Biblioteca Universitaria
Ed. Xoana Capdevielle, 2º andar
Campus de Elviña, 15008, A Coruña, España
Tel. +34 981 167 000