Amsterdam University Press (AUP): ten unha longa tradición na publicación de libros en acceso aberto coa quinta parte dos seus libros publicados deste xeito.
Cambridge University Press: colección de libros en acceso aberto da editorial.
De Gruyter- Open Access Books: editorial académica que ofrece máis de 1.000 títulos de diferentes áreas do coñecemento dispoñibles para ler, descargar e compartir.
DOAB (Directory of Open Access Books): repositorio de libros revisados por pares en acceso aberto.
Hathi Trust Digital library: é un repositorio de preservación dixital e plataforma de acceso as publicacións.
Humanities Digital Library: plataforma de acceso aberto para libros académicos da University of London Press. Inclúe monografías en historia, dereito e clásicos.
InTech: editorial de libros en acceso aberto. As materias que abrangue son as ciencias, tecnoloxía, mediciña, ciencias sociais e humanidades.
Knowledge Unlatched: consorcio bibliotecario para a disponibilidade en aberto dos libros electrónicos.
Luminos: novo programa da University of California Press para a edición de monografías en acceso aberto.
OAPEN: biblioteca en liña e plataforma de publicación; da acceso libre a libros académicos, principalmente na área de humanidades e ciencias sociais.
Open Access books on JSTOR: plataforma que contén máis de 2.000 ebooks de acceso aberto dispoñibles gratuitamente para calquera persoa que os desexe utilizar. Os usuarios non necesitan rexistrarse ou iniciar sesión, e non hai restriccións nin límites de DRM nas descargas ou impresión do capítulo PDF.
OpenEdition Books: plataforma de libros en ciencias sociais e humanidades, dos que máis da metade son de acceso libre.
Open Educational Resource 2017 Textbook List: recompilación realizada por Zachariah Claybaugh e Chelsea Stone de libros académicos en aberto agrupados en diferentes disciplinas.
OpenLibra: biblioteca composta por libros tecnicos baixo licenzas libres listos para descarga directa ou para a súa lectura online.
Open Library: biblioteca en liña, proxecto wiki de Internet Archive. Actualmente conta con máis 13 millóns de rexistros e un millón de libros electrónicos dispoñibles.
Project Muse. Bases de datos académica de libros e revistas electrónicas de Humanidades e Ciencias Sociais de máis de douscentas imprentas universitarias e sociedades académicas. O proxecto é unha división da Johns Hopkins University Press.
Routledge Books Open Access: libros en acceso aberto de diversas áreas do coñecemento publicados por Routledge, do grupo Taylor & Francis.
SciELO libros: libros académicos seleccionados segundo controis de calidade.
SpringerOpen books: libros académicos en aberto da prestixiosa editorial alemana.
Stockholm University Press: trátase dun editor open access de revistas e libros académicos revisados por pares.
Editorial UPV (Universitat Politècnica de València)
Edit.um (Ediciones Universidad de Murcia)
Libros CSIC, edición electrónica: libros electrónicos gratuitos da editorial CSIC
Publicacions de la Universitat Rovira i Virgili
UCLM. Servicio de Publicaciones (Universidad de Castilla-La Mancha)
Bookboon: plataforma de libros de texto gratuítos escritos por persoal docente. É necesario rexistrarse.
Brill Open: importante editorial en acceso aberto na área de humanidades con case 700 obras accesibles.
Open Book Publishers: editorial de referencia na investigación en ciencias sociais e humanidades revisada por pares e de acceso aberto. Producen tamén material suplementario en liña como capítulos extra, revisións, ligazóns, imaxes e outras fontes dixitais.
Ubiquity Press: editor que publica enteiramente en acceso aberto. A edición é en liña mais existe a opción de edición impresa a demanda. Para cada publicación síguense as citas recibidas.