Addgene: é un repositorio sobre plásmidos, sen ánimo de lucro, para axudar a que científicos e académicos de todo o mundo compartan plásmidos de alta calidade.
Anthos: programa desenvolvido para mostrar información sobre a biodiversidade das plantas de España en Internet, nado ao amparo do proxecto de investigación Flora iberica para mostrar á sociedade os coñecementos xerados en dito proxecto.
Athena Mineralogy: información sobre nomes de minerais, elementos, fórmulas e imaxes destes.
BioRxiv: arquivo en liña para prepublicacións de artigos científicos do eido da bioloxía, mantido polo Cold Spring Harbor Laboratory (CSHL).
Chromevaloa: base de datos dinámica, orientada ao desenvolvemento de test cromatínicos para a detección da xenotoxicidade causada pola biotoxina ácido ocadaico no ambiente mariño.
Database (Sanger Institute): referencias de investigación sobre o xenoma humano, secuencias, análise, etc. do Sanger Institute (U.K.)
DDBJ (DNA Data Bank of Japan): base de datos de xenetica.
Ensembl: proporciona información sobre o xenoma dos vertebrados e outras especies eucariotas.
European Bioinformatics Institute: proporciona ferramentas para a comprensión dos datos xenómicos e proteómicos, así como bases de datos relacionadas con ácidos nucleicos, proteínas e estruturas macromoleculares.
FlyBase: base de datos xenéticos e moleculares da mosca Drosophila melanogaster.
GeneCards: base de datos de xenes humanos que contén información xenómica relacionada de todos os xenes humanos coñecidos e preditos.
Global Biodiversity Information Facility (GBIF): base de datos internacional que facilita información de todos os tipos de seres vivos do planeta.
Gold: Genomes Online Database: é un recurso web para o acceso integral a información de todo o mundo relativa a proxectos de secuenciación de xenoma e metaxenoma, e os seus metadatos asociados.
The Human Gene Mutation Database (HGMD): reúne unha ampla colección de mutacións en xenes asociadas a enfermidades humanas hereditarias, así como enlaces a bibliografía relacionada. Parte da súa información é de acceso público, aínda que require rexistrarse.
International Plant Names Index (IPNI): base de datos de nomes e datos bibliográficos asociados de espermatofitas, monilofitas y licofitas; o seu obxectivo é eliminar a necesidade de reiteradas referencias a fontes primarias para a información básica bibliográfica sobre nomes de plantas.
IUCN Red List ou Lista Vermella da UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza): lista de especies, subespecies, variedades ou poboacións de seres vivos ameazados de extinción en distinto grao.
MGI: Mouse Genome Informatics: é a base de datos internacional sobre o rato de laboratorio. Proporciona datos integrados biolóxicos, xenétcos e xenómicos para facilitar o estudo da saúde humana e de enfermidades.
National Center for Biotechnology Information (NCBI): páxina do NCBI (fundación do goberno de Estados Unidos) con información sobre bioloxía molecular, biomedicina e xenómica. Acceso a moitas bases de datos públicas e outras referencias e recursos.
The Plant List: lista non rematada dos nomes botánicos de tódalas especies de plantas, dispoñibles na Web. Resultado dunha iniciativa internacional da Global Partnership for Plant Conservation para cumprir o Obxectivo 1 da Estratexia mundial para a conservación das especies vexetais do Convenio da ONU sobre a diversidade biolóxica: a necesidade de “An online flora of all known plants.” Proxecto complementario do International Plant Names Index.
RCSB Protein Data Bank: base de datos de información sobre estruturas biolóxicas macromulares.
Saccharomyces Genome Database: información sobre o xenoma da saccharomyces cerevisae (levadura de cervexa). elaborada polo US National Institut of Health, National Human Genome Research Institut e a Stanford University.
Worldwide Protein Data Bank (wwPDB): manten un único arquivo Protein Data Bank de datos de estruturas macromoleculares dispoñible gratuíta e publicamente para a comunidade global.
WormBase: base de datos xenéticos e moleculares do verme C. elegans.
Macaulay Library: é o maior arquivo dixital online de sons animais do mundo. Foi reunido polo laboratorio de Ornitoloxía da Universidade de Cornell. Contén 150.000 arquivos con sons de 9.000 especies animais e 7.500 horas de grabacións. Boa parte dos arquivos corresponden a cantos e chamadas de aves.
All Conferences.Com: Biology Conferences
FASEB (Federation of American Societies for Experimental Biology)
Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles (CSIC): información en liña sobre a historia natural dos vertebrados españois.
Euro+Med PlantBase: enciclopedia na que se describen todas as plantas silvestres e cultivadas de Europa ata o nivel de subespecie
Glossary of Biological Terms (Berkeley Museum of Paleontology)
Talking Glossary of Genetic Terms : o xenoma humano definido por profesionais do National Human Genome Research Institute (NHGRI)
The International Plant Names Index (IPNI): nomes e detalles bibliográficos asociados básicos de plantas con semente, fentos e licofitas.
Tesauro ICYT de Bioloxía Animal
Vocabulario inglés-español de bioquímica y biología molecular
American Physiological Society
American Society of Plant Biologists
APS (American Phytopathological Society)
Centro de Investigaciones Biológicas (CSIC)
Centro Nacional de Biotecnología
Index Herbariorum: Directorio de herbarios do mundo.
Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC)
International Organization for Biological Control (IOBC)
Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación
Algal Functional Annotation Tool: recurso bioinformático para a busca e interpretación funcional de listas de xenes, e para a visualización dinámica das súas proteínas en mapas metabólicos.
AllGenetics: páxina desta empresa filial da UDC que apoia a investigadores, corporacións e institucións europeas ofrecendo unha gran variedade de servizos e recursos sobre xenética.
ARKive: portal temático sobre especies en perigo de extinción para educar e sensibilizar ao público.
Aula Virtual de Genética: aula virtual do Departamento de Genética da Universidad Complutense de Madrid con prácticas, problemas e máis.
Bases de datos da FAO: as bases de datos da FAO abranguen temas relacionados coa seguridade alimentaria e a agricultura.
BioCatalogue: proporciona un catálogo revisado de servizos web sobre ciencias da vida.
Biodeversity Heritage Library: traballa en colaboración para que a literatura da biodiversidade se poña abertamente a disposición de todo o mundo.
Biology online: información sobre ciencias da vida en forma de tutoriais, referencias e un dicionario online de termos de bioloxía.
Database for Annotation, Visualization andI ntegrated Discovery (DAVID): ofrece unha completa colección de ferramentas para a anotación funcional que facilitan ao investigador a comprensión do significado biolóxico oculto en largas listas de xenes.
ExPASy: Bioinformatics Resource Portal: páxina do SIB (Swiss Institute of Bioinformatics), proporciona acceso a bases de datos científicas e ferramentas de software en diferentes áreas da bioloxía, incluíndo a proteómica, xenómica, filoxenia, bioloxía de sistemas, xenética de poboacións, transcriptómica, etc.
Flora Vasca: proxecto desenvolto por BioScripts (Centro de Investigación y Desarrollo de Recursos Científicos) e o naturalista François Lods, e patrocinado polo Ayuntamiento de Mañaria. Propone ver, identificar e participar da documentación con fotos das plantas do Norte de España, segundo o libro “Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y de los territorios limítrofes“.
Flora Vascular: información sobre flora da península ibérica.
Genamics SoftwareSeek: software comercial e libremente distribuíble para o seu uso en bioloxía molecular e bioquímica.
Gene Ontology (GO): esforzo colaborativo para cubrir a necesidade de descripcións consistentes de produtos xenéticos en distintas bases de datos. O proxecto comenzó en 1998 como unha colaboración entre tres bases de datos de organismos modelo: FlyBase (Drosophila), a Saccharomyces Genome Database (SGD) e a Mouse Genome Database (MGD). O GO Consortium (GOC) incorporou dende entón moitas bases de datos, incluíndo varios dos maiores repositorios de xenomas de plantas, animais e microbios.
Human Genome Project: páxina do Department of Energy do National Institute of Health (EE.UU.). Permite a consulta de publicacións, congresos, aspectos legais, secuencias de ADN, etc. Pódese realizar a busca por índice temático e alfabético. En inglés.
iBiology: artigos, recursos educativos, vídeos, ..., de bioloxía online.
Ingenta. Biology & Life Sciences: permite a consulta de publicacións electrónicas: sumarios de revistas, informes técnicos, pre-prints, patentes, etc.
Joint Genome Institute do U.S. Department of Energy (DOE JGI). Data & Tools: centro no que unen coñecementos e recursos en cartografía xenética, secuenciación do ADN e TIC tres centros de xenómica do Departamento de Enerxía: o Lawrence Livermore National Laboratory (LLNL), o Lawrence Berkeley National Laboratory (LBNL) e o HudsonAlpha Institute for Biotechnology. O Instituto é o líder global na xeración de secuencias xenómicas de plantas, fungi e microbios; ofrece información e ferramentas para a análise bioinformática de data sets.
SIDALC (Alianza de Servicios de Información y Documentación Agropecuaria de las Américas): alianza internacional de servizos de información agrícola, pecuaria, forestal e ambiental, mediante o cal un importante grupo de institucións de 22 países americanos comparten en rede información e servizos. A súa base de datos conta con 2,7 millóns de referencias, e con 250.000 documentos a texto completo.
UnirProt ofrece á comunidade científica un recurso de información exhaustivo e universal sobre proteínas; é o resultado da colaboración entre o European Bioinformatics Institute (EMBL-EBI), o SIB Swiss Institute of Bioinformatics e o Protein Information Resource (PIR).
World Flora Online: Iniciativa internacional da Global Partnership for Plant Conservation para cumprir o Obxectivo 1 da Estratexia mundial para a conservación das especies vexetais do Convenio da ONU sobre a diversidade biolóxica: a necesidade de “An online flora of all known plants.” O resultado é The Plant List, unha lista non rematada dos nomes botánicos de tódalas las especies de plantas, dispoñibles na Web.
ZFIN: The Zebrafish Model Organism Database: ampla información sobre o Danio rerio, incluíndo bases de datos de xenómica, etapas de desenvolvemento, publicacións e ferramentas moleculares.
Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe: Revista de Xeoloxía Galega e do Hercínico Peninsular
Redalyc: Red de revistas científicas de América Latina y el Caribe, España y Portugal