Bibliosaúde (Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia): está constituída pola rede de bibliotecas dos centros sanitarios e servizos centrais. Conta con recursos abertos e outros só dirixidos aos profesionais dos servizos públicos de saúde.
Biblioteca Virtual da Real Academia Galega: dedicada a autores/as galegos/as e especializada na área das humanidades, sobre todo nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia.
Biblioteca Virtual Galega: proxecto da Universidade da Coruña co obxectivo de difundir a lingua e literatura galega.
Bivir (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego): biblioteca sobre literatura universal en galego impulsada pola Asociación de Tradutores Galegos (ATG).
Galiciana: é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia, coa misión de difundir e preservar o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.
Gallaeciae Monumenta Historica: proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega coa colaboración de expertos na documentación histórica galega e outras institucións que contén documentos medievais de Galicia dixitalizados.
Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega: conserva nos seus fondos máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos.
Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC): os fondos da biblioteca superan as 25.000 monografías e os 8.500 folletos, aos que hai que engadir as coleccións de revistas vivas -con máis de 300 títulos- e os que forman seccións aparte, como as de prensa antiga e revistas mortas, esta última con cerca de medio millar de coleccións.
Biblioteca de Cultura: biblioteca virtual do Ministerio de Cultura e Deporte de España que recolle máis de 45.000 libros e revistas especializadas nun amplo abano do ámbito cultural.
Biblioteca Digital del Patrimonio Iberoamericano. Proxecto da Asociación de Bibliotecas Nacionales de Iberoamérica (ABINIA) que ten como obxectivo a creación dun portal que permita o acceso desde un único punto de consulta aos recursos dixitais de todas as bibliotecas nacionais participantes. Non alberga obxectos dixitais, só información sobre eles e os metadatos asociados.
Biblioteca Digital Dioscórides. Acceso ao fondo bibliográfico histórico da Universidade Complutense de Madrid.
Biblioteca Digital Hispánica. Biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de España. Proporciona acceso libre e gratuíto a miles de documentos dixitalizados: libros impresos entre os séculos XV e XX, manuscritos, debuxos, gravados, folletos, carteis, fotografías, mapas, atlas, partituras, prensa histórica e gravacións sonoras.
Biblioteca Digital de la Real Academia de Historia: portal da Real Academia de Historia que dá acceso ás amplas coleccións que conforman o Patrimonio Bibliográfico Español.
Biblioteca Virtual de Patrimonio Bibliográfico. Portal que dá acceso a reproducións facsímiles dixitais de manuscritos, libros impresos, fotografías históricas, etc. que se conservan en institucións culturais (arquivos, bibliotecas e museos) e forman parte do Patrimonio Bibliográfico Español.
Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. Hemeroteca dixital na que se ofrece un variado repertorio de prensa histórica e revistas culturais en linguas españolas.
Biblioteca Virtual Joan Lluís Vives. Ofrece fondos dixitalizados para o estudo e a difusión das obras escritas en lingua catalana, desde tratados médicos ata textos xurídicos e históricos, pasando por obras clásicas de literatura, anteriores ao ano 1917.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Iniciativa da Universidade de Alacante e o BSCH, que intenta promover a suma de esforzos e proxectos de outras universidades, institucións e empresas españolas, latinoamericanas, etc. interesadas polo coñecemento, estudo e difusión da lingua española.
BVS: Biblioteca Virtual de Salud España: proxecto da Organización Panamericana da Saúde (OPS) para xestionar a información e coñecemento en saúde en España, Portugal e os países iberoamericanos. BVS España permite ao acceso libre e gratuíto a diversas fontes de información: bases de datos, catálogos colectivos, publicacións electrónicas, novas, etc.
Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España: proporciona acceso á colección dixital das revistas e prensa histórica española que alberga a Biblioteca Nacional de España.
Hispana. Portal de acceso ao patrimonio dixital español e agregador nacional de contidos a Europeana. Reúne material de diversas institucións dentro de España, como bibliotecas rexionais, arquivos de universidade, etc.
Biblioteca Nacional Digital (BND). Integrada na infraestrutura xeral de servizos da Biblioteca Nacional de Portugal, ofrece en linha e de forma gratuíta cerca de 25.000 documentos.
Digital Bodleian. Biblioteca virtual con acceso as coleccións especiais dixitalizadas das Bodleian Libraries (University of Oxford).
British Library. Biblioteca nacional do Reino Unido. Na súa web ofrécese unha ampla colección de recursos dixitais e dixitalizados: manuscritos, mapas, teses, periódicos, etc.
Europeana. Proxecto de cooperación internacional de bibliotecas nacionais de varios países, para potenciar o desenvolvemento da sociedade da información e mellorar a dispoñibilidade internacional dos recursos dixitais.
Gallica: bibliothéque numérique de la Bibliothèque nationale de France: biblioteca virtual da Biblioteca Nacional de Francia para mellorar o acceso aos seus recursos.
Perseus Digital Library. Realizado polo Departament of Classics da Tufts University, a súa principal colección céntrase na historia, cultura e lingua do mundo greco-latino, pero foi ampliando a súas materias a outras áreas das humanidades.
Association for Hispanic Classical Theater. Textos gratuítos do teatro español do Século de Ouro (comedias, entremeses, autos e máis).
Biblioteca Digital Mundial (World Digital Library). Biblioteca dixital internacional creada pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO. Á súa misión é por a disposición en Internet, de maneira gratuíta e en formato multilingüe, importantes materiais fundamentais de culturas de todo o mundo..
Bibliotheca Augustana. Coleccións de textos electrónicos latinos, gregos, xermánicos, ingleses, franceses e italianos, desde o século VII a. de C. ata o XX
Digital Public Library of America (DPLA): portal de acceso único as coleccións dixitais de EE.UU, froito dun esforzo colaborativo de bibliotecas e institucións do país.
Internet Archive. Arquivo que recolle páxinas web e outros artifactos culturais en formato dixital: libros, audio, vídeos, software, etc.
LibriVox. Biblioteca virtual de audiolibros que pertencen ó dominio público.
Project Gutenberg. Biblioteca de libros electrónicos gratuítos.
World Library of Science: Proxecto conxunto da UNESCO e Nature, é unha biblioteca dixital e tamén unha plataforma de e-learning que ofrece recursos educativos abertos de física, química e bioloxía a estudantes universitarios e de secundaria de todo o mundo.