Tradutores

Miniatura de Las Siete Partidas (Alfonso X el Sabio) (c) Miniatura de Las Siete Partidas (Alfonso X el Sabio)

DeepL Traductor: emprega técnicas de intelixencia artificial baseadas na aprendizaxe profunda para traducir texto entre idiomas.

Flip, ferramentas para a lingua portugesa: asociado ao Dicionário Priberam, conten entre outras cousas, un tradutor e un corrector lingüístico de grande calidade.

Google Traductor: tradutor automático de Google. Permite a tradución de textos e documentos nunha amplia variedade de idiomas.

IATE: -sigla de "Inter-active Terminology for Europe"- é a base de datos terminolóxicos, interinstitucional, interactiva e multilingüe da Union Europea en proxecto desde 1999 e utilizada desde o verán de 2004 para a recollida, xestión e divulgación conxunta da terminoloxía utilizada nos textos das institucións europeas.

Lexicool: servizo de tradución automática gratuíta en liña en varias combinacións de idiomas.

OpenTrad: tradutor de documentos e textos realizado en código aberto realizado entre varias institucións, entre elas a Universidade de Vigo. Conta cunha versión gratuíta en liña.

OrtoGal: Corrector ortográfico en liña de galego. OrtoGal está baseado nos 60.000 lemas do VOLG (Vocabulario ortográfico da lingua galega, ILG/RAG, 1989) que, unha vez flexionados (e, no caso dos verbos, combinados con pronomes), permiten a verificación duns 25 millóns de palabras.

Servizo de normalización lingüística da UDC: correctores, tradutores e outros materiais informáticos dispoñibles na sección de Recursos do Servizo de Normalización Lingüística da UDC.

SpanishDict: Tradutor inglés-español. Tamén ofrece múltiples recursos para a aprendizaxe do español.

Tradutor Automático Gaio da Xunta de Galicia: Sistema de tradución autómatica que permite traducir textos, documentos e páxinas web.