Nestes tempos de pandemia, moitas son as iniciativas das editoriais científicas para poñer recursos en aberto de interese para os membros da comunidade universitaria. Aquí ofrecémosvos una recompilación das que nos chegaron ata o de agora:
AVISO: É recomendable que accedades a estes recursos premendo previamente en Acceso desde fóra da nosa páxina web, senón algúns deles non funcionarán correctamente.
ARANZADI: A base de datos Westlaw Aranzadi permitirá subir contidos á súa Aula Virtual para poñelos accesibles ao alumnado matriculado en calquera das universidades galegas. Estes contidos están restrinxidos aos que están incluídos nos servizos contratados polas diferentes universidades.
JSTOR: esta plataforma, consciente do seu elevado uso por parte dos membros da comunidade universitaria, amplía ata o 30 de xuño de 2022 o contido dispoñible de forma gratuíta, tanto de revistas como de fontes primarias. Só é necesario premer nas ligazóns da páxina para ver os títulos incluídos. No caso das revistas, pódense descargar os arquivos en Excel e copiar o enderezo de acceso ao contido.
LEXTENSO: A editorial Lextenso, que publica revistas da área de dereito, facilita acceso gratuíto a todas as súas revistas. Os interesados teñen que inscribirse no seguinte enderezo: https://gratuit.kiosque-lextenso.fr/, e unha vez rexistrados, recibirán no seu correo os contrasinais para acceder.
WILEY: A editorial pon en acceso aberto sen restricións a base de datos Cochrane desde calquera IP do país a través do enderezo https://www.cochranelibrary.com/es/. Wiley tamén ofrece acceso libre a outros recursos relacionados co COVID19, como unha biblioteca de contidos e os seus cursos en liña.