Ferramentas 2.0 de apoio ao estudo, á docencia e á investigación

 

Almacenamento de datos

Dropbox: servizo de aloxamento de arquivos multiplataforma na nube. Permite almacenar e sincronizar arquivos en liña e entre ordenadores e compartir arquivos e carpetas con outras persoas e con tabletas e móbiles.

Google Drive: plataforma de almacenamento de arquivos na nube e traballo colaborativo de Google. Permite non só almacenar senón tamén compartir e editar arquivos desde calquera dispositivo.

OneDrive: servizo de aloxamento de arquivos na nube que permite sincronizar ficheiros. Os/as usuarios/as poden compartir arquivos públicamente (non se esixe unha conta de Microsoft para acceder) ou cos seus contactos.

Bancos de imaxes

Flickr: banco de imaxes que permite filtrar por distintas licenzas, incluíndo Creative Commons. 

Openverse (anteriormente CC Search - Creative Commons): buscador de imaxes libres de dereitos de autor, con licenza para a súa redistribución.

Pexels: banco de fotos e imaxes gratuítas. Caracterízanse por unha gran calidade e se poden editar ou modificar.

Pixabay: comunidade de creativos que comparten imaxes libres de dereitos de autor. Todos os contidos se publican baixo a licenza Pixabay, que permite utilizalos para calquera uso, incluso para fins comerciais.

Unsplash:  base de datos de imaxes de alta calidade de uso libre.

Blogs: editores

Google Blogger: ferramenta gratuíta de Google para a creación e publicación de weblogs. Permite compartir texto, fotos e vídeo.

WordPress: sistema de xestión de contidos para a construción de sitios web, moi empleado para a creación de blogs por usuarios de nivel avanzado que buscan unha orientación máis profesional.

Creación de enquisas e cuestionarios en liña

Doodle: ferramenta gratuíta para crear enquisas en liña que non precisa rexistro para o seu uso.

Google Forms: ferramenta que permite a recolección de información de usuarios a través dunha entrevista personalizada. A información é entón recollida e conectada automaticamente a unha folla de cálculo.

QuestionPro: ferramenta  intuitiva e fácil de usar que conta cunha versión gratuíta con amplias opcións de deseño.

Creación de presentacións

Canva: ferramenta fácil de usar que permite facer diversos deseños gráficos: presentacións, infografías, carteis, etc. Ten versión gratuíta e de pago.

Powerpoint: ferramenta  incluída en Office 365 que permite facer presentacións de diapositivas e vídeos.

Presentaciones de Google: permite crear presentacións e traballar nas mesmas de forma colaborativa. 

Prezi: software baseado no cloud computing para a elaboración de presentacións. Distínguese pola súa interfaz gráfica con zoom, que permite aos usuarios dispoñer dunha visión máis próxima ou afastada da zona de presentación.

Docencia

Kahoot!: sistema en liña e gratuíto para crear e contestar cuestionarios baseados no xogo. Permite crear probas ou enquisas para que os estudantes respondan a través de calquera dispositivo que teña un navegador web.

Moodle: plataforma de aprendizaxe de código aberto. Permite subir o material docente, compartir recursos, realizar tarefas, introducir cuestionarios, etc.

Socrative: sistema que permite ao alumnado (de forma individual ou en grupo) participar nas clases por medio de teléfonos intelixentes, portátiles e tabletas, respondendo a cuestionarios de opción múltiple ou de preguntas cortas de texto aberto sobre o contido explicado. O/A docente pode obter un informe sobre as respostas.

Maquetación

Lucidpress: programa de maquetación en liña para crear contidos publicitarios e editoriais. Permite elixir múltiples formatos e estilos de texto e a posición das imaxes, así como usar capas e transparencias para crear efectos gráficos.

Scribus: programa de maquetación gráfica de código aberto, gratis e multiplataforma para producir publicacións. Permite traballar con modelos ou con documentos novos, capas, imaxes vectoriais, guías para aliñar os elementos, etc.

Marcadores sociais

Diigo: permite seleccionar sitios web, compartir arquivos, documentos, notas ou seleccións de textos. Mestura as redes sociais cos servizos de favoritos sociais e os servidores para compartir arquivos.

Pocket: aplicación multiplataforma para a xestión de listas de lectura de artigos de Internet. O artigo é enviado á lista Pocket do usuario (sincronizada con todos seus dispositivos) para ler sen conexión. 

Multimedia: almacenar e compartir

Slideshare: é a maior comunidade en liña do mundo para compartir e subir presentacións. Ofrece a posibilidade de subir e compartir de forma pública ou privada presentacións PowerPoint, documentos Word e Adobe PDF.

Vimeo: rede social de Internet baseada en vídeos. O sitio permite compartir e almacenar vídeos dixitais para que os/as usuarios/as comenten na páxina de cada un deles. 

Youtube: plataforma para subir e compartir vídeos de calquera temática. Permite subscribirse a diferentes canais, crear contido orixinal, compartir arquivos con outras persoas ou en outras plataformas, etc.

Multimedia: editores

Audacity: software gratuíto de código aberto para a gravación e edición de sons.

GIMP: programa libre e gratuíto, englobado no proxecto GNU, de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como fotografías. Ten ferramentas para o retoque e edición de imaxes,  debuxo de formas libres, cambiar o tamaño, recortar, facer fotomontaxes, etc. Tamén se poden crear imaxes animadas usando un plugin de animación. 

Inkscape: editor de gráficos vectoriais libre e de código aberto no que se poden crear diagramas, gráficos, logos e ilustracións complexas.

Loom: ferramenta de fácil uso que permite a creación e edición de vídeos, así como compartilos ou subilos ás redes ou páxinas web. 

Pixlr: conxunto de ferramentas avanzadas de edición e creación de imaxes. Permite traballar con capas.

Shotcut: softwaree de edición de vídeo, multiplataforma, gratuíto e de código aberto. Soporta centos de formatos de vídeo e audio, así como múltiples ferramentas de edición. 

Servizos de videoconferencia

Google Hangouts: plataforma de comunicación desenvolvida por Google, que inclúe mensaxería instantánea, video chat, SMS e características VOIP. Permite conversacións de grupos mediante videoconferencia.

Skype: software que permite comunicacións de texto, voz e vídeo sobre Internet (VoIP).

Teams: ferramenta de Microsoft para realizar videoconferencias. Ten opcións de chat e videochamada, permite crear grupos, subir e compartir documentos, etc.

Zoom: sistema gratuíto de videochamadas e reunións virtuais. 

Xestión de notas e axendas

Evernote: ferramenta  multiplataforma que permite organizar recursos moi diversos (textos, imaxes, vídeos, páxinas web) a través de libretas onde se poden crear notas e listas de recordatorios, así como compartir contidos a través das redes sociais e do correo electrónico.

Google Calendar: axenda virtual gratuíta á que se pode acceder desde calquera lugar. Permite crear eventos de forma sinxela, introducindo a descrición no día e hora correspondentes. Posibilita, tamén, xerar axendas compartidas.

Microsoft Calendar: permite xestionar os calendarios de todas as contas vinculadas, crear notas privadas e públicas, individuais ou grupais, así como configurar alertas e propoñer reunións cos contactos de forma intuitiva. 

Xestores bibliográficos

RefWorks: subscrito pola UDC. Xestor en liña que recompila referencias bibliográficas importadas de bases de datos e catálogos de bibliotecas, para poder utilizalas nos traballos de investigación e académicos, xerando bibliografías ou insertando citas dentro do texto cun formato adecuado.

EndNote Basic: xestor bibliográfico baseado en web que proporciona a base de datos Web of Science a través da FECYT para axudar ao persoal investigador e estudantado a xestionar as súas bibliografías e incorporalas aos seus traballos.

Mendeley: xestor de referencias libre e multiplataforma (Mac, Windows e Linux) que dispón de versión local e versión web, coa posibilidade de sincronizar ambas automaticamente. 

Zotero: xestor de bibliografías gratuíto elaborado con software libre. Ten unha aplicación de escritorio, dispoñible para Mac, Windows e Linux, e un conector que detecta e captura automaticamente todo tipo de información bibliográfica na web.